• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

FERNANDO BABÍO

Babío Babío, Fernando

( Sada, A Coruña, 1953 )

Biografía

Con vocación precoz de artista, debuxa intensamente dende moi neno entregándose apaixonadamente ó coñecemento do oficio de pintor, de maneira que a súa bagaxe é excelente. Empezou a expoñer en mostras colectivas en 1978 na Coruña. Realizou a súa primeira exposición indiviual en 1979, tamén na cidade herculina, sorprendendo pola excelente factura das súas paisaxes, cun cromatistmo exultante e asemade sabiamente temperado, a partir de modos postimpresionistas, cun antecedente que se podía fixar en Francisco Lloréns. Salta a Madrid e sobresae coa súa mostra na desaparecida galería Kandinsky, norte de moitos artistas novos galegos do movemento. Percorre diversas cidades de Galicia e de España coas súas mostras, aínda que non é propenso a se prodigar. Participa na I Mostra Unión Fenosa e seguiu a súa carreira de modo moi firme. Fernando Mon, crítico coruñés de prestixio, eloxia incondicionalmente a este pintor como un dos valores máis positivos da nova plástica de Galicia. A cabalo entre o neorrealismo e o postimipresionismo, Babio Sabio ten unha callada personalidade na que a aportación persoal non se afasta de todo dunha tradición ben incorporada. Cadanseu cadro é un mundo, o seu propio mundo, evocador, inventivo, aínda que coas referencias xustas.

Bibliografía

-VV. AA.: Diccionario de Pintores y Escultores españoles del siglo XX. Vol. I. Madrid, Forum Artis, 1994. -I Mostra Unión Fenosa. A Coruña, 1989.

Obra

  • Luz encerrada por los árboles

    Luz encerrada por los árboles 1995

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2025© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78