• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

GUILLERMO AYMERICH

Aymerich Goyanes, Guillermo

( Santiago de Compostela, 1964 )

Biografía

Formado na Facultade de Belas Artes de Valencia, na que se titulou e exerceu máis tarde como profesor, destacou moi pronto, xa que o seu primeiro premio o logrou na mostra de Lalín de 1982, ano que tamén foi premiado na exposición de noveis de Caixavigo. A súa traxectoria ascendente levouno a obter bolsas importantes, como a de novos valores da Deputación de Pontevedra, en 1986, e a de creación artística de Unión FENOSA, en 1993, tras participar na Mostra desta entidade, na súa segunda edición de 1991. Individualmente, expuso en numerosas cidades de Galicia e colectivamente en medio mundo, desde Estocolmo a Tesalónica. Participou en acontecementos destacados, como “Galicia Hoxe” da Fundación Barrié e “Galicia Exterior”, da Xunta autonómica, en Vigo, en 1997. Está representado en museos e coleccións institucionais de toda Galicia, Valencia, Postmuseum de Estocolmo e a Universidade Nacional das Artes de México. A obra de Aymerich non pode cualificarse estrictamente de pintura, senón de expresión cromática da imaxe, xa que utiliza a fotografía para as súas paisaxes sinópticas, con arquitecturas recortadas e case monocromas, nas que en ceos imaxinarios se instalan, por razóns de perspectiva, figuras xeométricas que son cartelas de establecementos comerciais. O ferro forxado e cincelado é elemento que referencia constantemente. Achégase a interiores ideais, ou ben ofrece rectángulos case uniformes, en gradacións de grises nas que se insinúa un ton máis cálido. A figuración rózaa, sen chegar por completo a ela, en elementos anatómicos animais. Esta obra aproxímase ó gravado, ou é ocasionalmente paisaxe escueta. Transforma-la realidade, aínda que sen separarse dela, é un exercicio frecuente na tarefa deste artista de vangarda, deliberadamente simple, aínda que de complexa concepción e morosa reflexión antes de levar ó soporte o tema que quere expresar.

Bibliografía

APROXIMACIÓN al agua, Fundación Laxeiro, Vigo, 2002.

AYMERICH, G.: Un método para pensar el lugar, Universidad Politécnica de Valencia, Valencia, 2007.

BECAS de Creación Artística Unión Fenosa: Guillermo Aymerich, Unión Fenosa, Madrid, 1994.

GUILLERMO Aymerich: pasaje al negro, Caja Madrid, Obra Social, Pontevedra, 1998.

GUILLERMO Aymerich. Umbral y tolerancia, Xunta de Galicia, Pontevedra, 1998.

PARADA, Generalitat Valenciana, Valencia, 2000.

Obra

  • Umbral y tolerancia añil, Skyline Pico Sacro

    Umbral y tolerancia añil, Skyline Pico Sacro 1998

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78