• Español
  • Acceso centros
  • Proxectos
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Oferta educativa
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Educación s.XXI
Inicio Área educativa Axenda
Axenda
Busca por...

Proxecto

Cidade

Entrada

Modalidade

Teatro: Bon Appètit. Escolares 2018-2019

Artes Escénicas, danza y música
Compartir:
  • ico-twitterCreated with Sketch. En twitter
  • ico-facebookCreated with Sketch. En facebook
Teatro: Bon Appètit. Escolares 2018-2019
  • ONDE:

    Teatro Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra)


    Sede Afundación Pontevedra

    Augusto González Besada, 2. Pontevedra (Pontevedra)


    AUDITORIO MUNICIPAL OURENSE

    Rúa da Canle, 2. Ourense (Ourense)

  • Datas:

    Vigo. Teatro Afundación. 18 a 22 de marzo // Pontevedra. Sede Afundación. 25 a 27 de marzo // Ourense. Auditorio Municipal. 28 e 29 de marzo 

  • Entrada

    De pago

Unha mestura de teatro físico, música, monicreques e un texto de enredo con moito xogo de palabras, isto é Bon Appètit, a obra de Teatro dos Ghazafellos.

 

Esta programación está dirixida exclusivamente a centros escolares. 

  

Música / teatro  

Teatro dos Ghazafellos 

Galego / 60 min 

3º e 4º Educación Primaria 

 

Comedia en clave de clown onde tres chefs «franceses» tentarán mostrar os segredos da cociña galega, seguindo o prestixioso libro de receitas escrito por Álvaro Cunqueiro, A Cociña Galega: «A cociña é arte, a expresión cultural que un pobo desenvolve ao longo do tempo». Cunha posta en escena colorista, estes personaxes enganchan @s nen@s desde o primeiro momento, facéndoos partícipes das desventuras, malos entendidos e solucións para cada prato.

 

 

NORMAS PARA INSCRIBIRSE

• A solicitude farase a través do formulario de peticións na web: www.escolares.afundacion.org
• Prazo de reservas ata o 30 de setembro
• Solicitarase praza para un máximo de 150 escolares por centro e actividade (100 para
A Coruña e Ferrol por cuestión de capacidade dos edificios.)
• Prezo: 2 € / escolar. [Cinema Submarino e Educación Financeira son actividades
GRATUÍTAS]. O importe total ingresarase no número de conta ES 91 2080 5000 61
3040323643, indicando o código de ingreso, que comunicaremos previamente desde
Afundación canda a asignación de actividades. O prazo límite para o pagamento é de
1 semana antes de comezar a actividade.
• Desde Afundación enviarase correo-e ao centro para informar da asignación de actividades.
Así mesmo, cada centro deberá confirmar esta asignación a través da web.
• Hai guías didácticas dispoñibles para consultar e descargar na web.

 

Para máis información, 986 120 089 e 986 120 078 ou en www.escolares.afundacion.org

Folleto Escolares 2018-2019 PDF
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2025 © Fundación Galicia Obra Social
  • Área Educativa

    areaeducativa@afundacion.org
    986 120 089