• Español
  • Acceso centros
  • Proxectos
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Oferta educativa
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Educación s.XXI
Inicio Área educativa Axenda
Axenda
Busca por...

Proxecto

Cidade

Entrada

Modalidade

Escolares 2021-22. AULA GREEN STEAM. Novas actividades itinerantes nos centros educativos

Aula Steam
Compartir:
  • ico-twitterCreated with Sketch. En twitter
  • ico-facebookCreated with Sketch. En facebook
Escolares 2021-22. AULA GREEN STEAM. Novas actividades itinerantes nos centros educativos
  • Datas:

    A concertar

  • Horario:

    A concertar

  • Entrada

    De pago
  • Modalidade:

    Presencial

Actividades para escolares, itinerantes por toda Galicia

Aula STEAM (Science, Technology, Engineering, Arts and Maths) é unha estratexia educativa que esperta o interese do alumnado pola ciencia, a tecnoloxía e a arte. A través deste sistema pedagóxico, que inclúe conceptos de programación e robótica, aprenderán a resolver problemas mediante a creatividade e a innovación.

Para este curso escolar 2021-22 levamos aos centros educativos unha nova serie de talleres STEAM en clave SOSTIBLE, baseados na música, pintura e deseño, e para todas as idades. Pódense solicitar no 986 333 210 ou en areaeducativa@afundacion.org para acordar datas e horarios.

 

STEAMM con dobre M de Música

Talleres baseados na música e a pintura coas coleccións de arte Afundación e ABANCA.

  • INFANTIL A 3º PRIMARIA | Taller de robótica básica, arte e música | «O instrumento mudo que se fixo un nó»
  • 4º PRIMARIA A 2ºESO | Taller de programación, robótica, arte e música | «DJ Makey Makey»
  • 3º E 4º ESO, BACHARELATO E CF | Taller de programación, robótica, arte e música | «Os significados ocultos da cor e a forma»

Duración | 1 h Infantil; 2 h resto de programas

3 €/ ESCOLAR

Información e reservas no 986 333 210 ou en areaeducativa@afundacion.org

 

HISTORIA DO DESEÑO EN GALICIA a través da obra de ISAAC DÍAZ PARDO

A través da nosa exposición «As miradas de Isaac», o laboratorio STEAM céntrase nun taller de deseño en 3D, en dúas modalidades segundo idade escolar, para mellorar competencias creativas, tecnolóxicas e a visión espacial. Usarase o programa de deseño Tinkercad e unha impresora 3D para dar vida ás creacións do alumnado.

  • 4º PRIMARIA A 2º ESO | Visita - Taller de programación e robótica | «Eu teño talento»
  • 3º ESO E BACHARELATO | Taller de programación e robótica | «Se Leonardo da Vinci fose galego, chamaríase Isaac Díaz Pardo»

Duración | 2 h

3 €/ ESCOLAR
Información e reservas no 981 552 577 ou en areaeducativa@afundacion.org

 

ARTE NAS COLECCIÓNS Afundación e ABANCA en formato STEAM

  • INFANTIL A 3º PRIMARIA | Taller de robótica básica | «De cando o pincel e o lapis se anoxaron e non quixeron compartir cadro»
  • 4º PRIMARIA A 2º ESO | Taller de electrónica básica, scratch e programación con microbit | «A arte das emocións»
  • 3º E 4º ESO, BACHARELATO E CF | Taller de electrónica e programación con microbit | «Arte, robótica e creatividade»

Duración | 1 h Infantil; 1 h 30 min resto de programas

3 €/ ESCOLAR
Información e reservas no 981 552 577 ou en areaeducativa@afundacion.org

 

STEAM NATURNOVA

Talleres de programación relacionados co universo e a natureza

  • 4º a 6º PRIMARIA | Taller de programación e universo | «Programando o Universo»
  • 4º PRIMARIA A 2ºESO | Taller de programación e natureza | «Coidando das nosas aves mariñas»

Duración | 90 minutos

3 €/ ESCOLAR
Información e reservas no 986 120 088 ou en naturnova@afundacion.org

Entra en naturnova.afundacion.org para informarte de todas as nosas actividades sobre natureza.

 

Actividades con todas as medidas de seguridade COVID-19.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2025 © Fundación Galicia Obra Social
  • Área Educativa

    areaeducativa@afundacion.org
    986 120 089