Estas actividades son só para escolares.
CALENDARIO
Vigo 3 a 7 FEB | Pontevedra 17 a 20 FEB | Lugo 27 e 28 FEB | Ourense 2, 3 e 4 MAR | Santiago 5 e 6 MAR | A Coruña 10 e 11 MAR | Ferrol 12 e 13 MAR
Teatro de monicreques/actor
Baobab Teatro
Galego | 50 minutos
Educación Infantil (3 a 6 anos)
Gañador do Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques na XI Edición de 2014. Este espectáculo é unha peza teatral tenra, divertida e intrigante en que os seus personaxes conviven a pesar das diferenzas que existen entre eles. Unha obra que transcorre sempre de noite, á luz da lúa, e onde se tratan a amizade, a superación dos propios medos e o amor.
As nenas e nenos asistentes poderán despedirse dos monicreques e sacaren fotografías canda eles.
FICHA TÉCNICA
Dirección: Óscar Ferreira e Andrea Bayer | Guión: Andrea Bayer | Dirección de manipulación: Óscar Ferreira | Elenco: Xosé Manuel Esperante e Cora Sayers | Deseño de escenografía: Óscar Ferreira | Escenografía: Óscar Ferreira e Juan Silva | Vestiario: Baobab Teatro | Música: Elena Paz e Xosé Liz | Deseño sonoro e de iluminación: Daniel Abalo | Material audiovisual: Juan Silva
ARTES ESCÉNICAS para escolares
A programación educativa de Afundación busca establecer valores na aprendizaxe, favorecendo o pleno desenvolvemento na transición cara á
idade adulta. Concretamente, esta obra trata o respecto á natureza, afondando na importancia de reducir, reutilizar e reciclar; a convivencia ou a necesidade da interacción entre as persoas e o medio ambiente.
Descubrir toda a maxia do teatro, a emoción dun concerto ou a beleza da danza son só algunhas das sorpresas que se agochan entre os pregos dun pano que Afundación Obra Social ABANCA levanta para os públicos máis novos. As artes escénicas son unha das ferramentas educativas máis útiles para estimular a capacidade de observación do alumnado, posibilitar o diálogo e a reflexión, desenvolver habilidades sociais e xerar coñecemento. Ademais, complementan a súa formación académica, aprendendo normas de convivencia concretas en espazos comúns e compartindo con outras nenas e nenos experiencias novas e diferentes ás que se realizan na aula. Valores coma a tolerancia, a amizade, a xenerosidade, a perseveranza ou o esforzo transmítense dun modo próximo e natural neste tipo de contextos. O obxectivo é que as máis novas e novos se divirtan e aprendan compartindo.
Embaixo a programación completa en PDF.