Este verán na Sede Afundación de Ourense os máis pequenos poñen o mandil para cociñar pratos ricos, saudables e refrescantes. O 27 e 28 de xuño non deixes escapar estes dous Obradoiros de cociña infantil de verán para nen@s de 5 a 12 anos.
27 de xuño. Ensaladas de verán para levar... nun tarro
Preparamos frescas e deliciosas ensaladas presentadas dun xeito moi orixinal, e listas para levar a calquera lugar. O obradoiro estrutúrase en unha xornada de dúas horas.
- Ensalada grega
- Tomatiños e mozzarela ao pesto verde
- Cuscús e festival de verduras
28 de xuño. Petiscos para unha cea de verán
Como no verán o corpo nos pide comidas máis frescas e lixeiras, elaboramos saborosas receitas para unha cea con petiscos saudables. O obradoiro estrutúrase en unha xornada de dúas horas.
- Paté mariñeiro
- Tartar de salmón afumado
- Pulgas de cangrexo e ovo
Impartido por: Vanessa Sende Cardoso.
Máximo 12 participantes
5 a 12 anos
Inscricións 15 € en ataquilla.com ou no 902 504 500
Os participantes levarán as receitas por escrito para que poidan elaboralas na casa.