Un ano máis, achegamos a música clásica á xente nova co programa «Quedamos no palco, quedamos coa clásica», no Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra. As e os escolares poden acceder aos concertos de modo gratuíto (máximo 19 estudantes e 1 persoa responsable). Entre o 8 de marzo e ata o 17 de abril habilítase a solicitude dos billetes nesta ligazón. As entradas adxudicaranse uns días antes.
- Real Filharmonía de Galicia - Nil Venditti | venres 28 abril ás 20.30 h
- Orquesta Sinfónica de Galicia - Catherine Larsen-Maguire | xoves 1 xuño ás 20.30 h
Os billetes están suxeitos a dispoñibilidade unha vez recibidas as solicitudes dos centros educativos interesados.
Esta actividade enmárcase no programa solidario Cultura por alimentos, unha iniciativa de Afundación en prol de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos). O acceso será a cambio da entrega dalgún alimento non perecedoiro, que irá destinado ao banco de alimentos local.
Máis información no teléfono 986 120 078 ou no correo quedamosnopalco@afundacion.org