• Español
  • Acceso centros
  • Proxectos
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Oferta educativa
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Educación s.XXI
Inicio Área educativa Axenda
Axenda
Busca por...

Proxecto

Cidade

Entrada

Modalidade

Programa SAÚDE DIXITAL en AfundaciónTV

Tecnología y seguridad
Compartir:
  • ico-twitterCreated with Sketch. En twitter
  • ico-facebookCreated with Sketch. En facebook
{evento-titulo_ga}
  • ONDE:

    AfundaciónTV

    .

  • Datas:

    FEB 2021

  • Entrada

    Gratuita
  • Modalidade:

    Online

Este novo programa proporciona a escolares, familias e á poboación en xeral as ferramentas necesarias para relacionarse sen riscos cos dispostivos dixitais que son parte do noso día a día. As propostas abarcan un laboratorio de ciberseguridade, dirixido a centros escolares de toda España, oito microsesións formativas sobre os riscos dixitais e dúas conferencias sobre o impacto dos dispositivos electrónicos sobre o cerebro de nenas e nenos e sobre como circular con coñecemento polas redes sociais e outras canles dixitais. Todas as propostas estarán dispoñibles en Afundación TV.

 

LABORATORIO DE CIBERSEGURIDADE

AfundaciónTV. Vía streaming

Dirixido a centros escolares de toda España, ten como obxectivo que os participantes tomen conciencia do que realmente significa a pegada dixital, tanto desde unha mirada no presente como pensando no futuro. A través dunha dinámica práctica e divertida, dúas persoas expertas en ciberseguridade que traballan regularmente con grandes empresas, a policía e a garda civil, abordarán, en directo, os perigos das redes sociais e en especial os baleiros de seguridade relacionados con menores. Falarase de Instagram, Twitter e Facebook, de como se xeoposicionan as publicacións e de como se fai seguimento de todo o que fan as e os usuarios. Deste xeito, o alumnado poderá entender, mediante exemplos prácticos, as vantaxes e os perigos de transitar por Internet e as redes sociais.

Os obradoiros están estruturados en función das idades dos participantes.

INSCRICIÓNS 986 333 210 ou a areaeducativa@afundacion.org

  

MICROSESIÓNS FORMATIVAS

Afundación TV e redes sociais da Obra Social de ABANCA

Dirixidas á poboación en xeral, programaranse dúas veces por semana durante o mes de febreiro, co obxectivo de que os contidos estean ao alcance de toda a poboación, facilitando así ferramentas que contribúan a mellorar a nosa relación cos dispositivos dixitais e as novas canles de comunicación dixital. Así, un experto en ciberseguridade dará as claves para comprar na internet de modo seguro, a privacidade e as RRSS, como protexernos en cinco fases, os menores na Internet ou como configurar un ambiente seguro na casa, entre outros.

MICROSESIÓN 1: Introdución á ciberseguridade

 

MICROSESIÓN 2: Mercando por Internet de xeito seguro


MICROSESIÓN 3: Enxeñería social I


 

MICROSESIÓN 4: Enxeñería social II

 

MICROSESIÓN 5: Privacidade e Redes Sociais

 


 

MICROSESIÓN 6: Establecendo protección en 5 pasos

 

MICROSESIÓN 7: Configurando un ambiente seguro en casa

 

MICROSESIÓN 8: Menores en Internet

  

 

 

CONFERENCIAS EDUCACIÓN S. XXI 

AfundaciónTV

Familias, docentes, alumnado e a sociedade en xeral poderán coñecer da man de Rafael Guerrero como impactan os dispositivos electrónicos no cerebro e o desenvolvemento dos nenos; e co hacker e divulgador de ciberseguridade Bernardo Viqueira, saber máis sobre os perigos das redes sociais.

O ciclo de conferencias retransmítese en directo e en aberto para todos os públicos, previa inscrición.

11 FEB | RAFAEL GUERRERO | + info

25 FEB | BERNARDO VIQUEIRA | + info

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2021 © Fundación Galicia Obra Social
  • Área Educativa

    areaeducativa@afundacion.org
    986 120 089