• Español
  • Acceso centros
  • Proxectos
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Oferta educativa
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Educación s.XXI
Inicio Área educativa Axenda
Axenda
Busca por...

Proxecto

Cidade

Entrada

Modalidade

Novo programa de educación financeira Money Sport

Economía y educación financiera
Compartir:
  • ico-twitterCreated with Sketch. En twitter
  • ico-facebookCreated with Sketch. En facebook
Novo programa de educación financeira Money Sport
  • ONDE:

    CENTRO EXTERNO

    Centros fuera de sedes y Centros. Externo

  • Datas:

    De decembro de 2025 a xuño de 2026

  • Entrada

    Gratuita
  • Modalidade:

    Presencial

Novo programa de educación financeira dirixido a mozos e mozas deportistas de base. O obxectivo central desta innovadora proposta é proporcionar aos adolescentes as ferramentas e coñecementos necesarios para xestionar as súas finanzas de maneira informada, con especial atención a quen poida desenvolver unha carreira profesional no ámbito deportivo no futuro.

O programa estrutúrase en catro sesións de 90 minutos de duración cada unha. Nelas, as persoas participantes traballarán competencias clave como a planificación financeira a medio e longo prazo ou a xestión responsable do diñeiro. Para conectar co público mozo, todas as xornadas están protagonizadas por un streamer deportivo ficticio, que se encarga de trasladar os conceptos de forma práctica e dinámica.

ABANCA e Afundación apostaron polo uso de dinámicas participativas e gamificadas co fin de que o programa resulte máis atractivo para o colectivo xuvenil e se poidan asimilar máis facilmente conceptos fundamentais como o aforro, a creación dun fondo de emerxencia, a elaboración de orzamentos, a xestión do risco ou o investimento.

Os primeiros clubs en sumarse a esta iniciativa para impulsar a formación financeira dos seus integrantes máis novos foron o Real Club Deportivo, AD Carballal Balonmán, Club Marín Peixe Galego, Club Tenis de Mesa Cidade de Narón, Club Esgrima 100tolos e Club Tea de Mondariz Balneario. Os equipos interesados poden inscribirse no programa a través do formulario en liña.

Compromiso coa educación financeira
Esta nova iniciativa educativa foi desenvolvida por ABANCA e Afundación no marco do acordo de colaboración que manteñen con Funcas para mellorar as competencias financeiras da sociedade.

A posta en marcha de Money Sport reforza o programa de educación financeira que impulsan o banco e a súa Obra Social desde 2015, que o ano pasado chegou a máis de 208.000 persoas.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026 © Fundación Galicia Obra Social
  • Área Educativa

    areaeducativa@afundacion.org
    986 120 089