Co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente que se celebra o 5 de xuño, con Costa de Marfil como país anfitrión e centrado no tema sobre a contaminación de plásticos; e o 8 de xuño, o Día Mundial dos Océanos co lema "Planeta oceánico: as correntes están cambiando", marcamos este mes de xuño coma o Mes do Medio Ambiente. Desde Afundación traemos unha interesante axenda de actividades de índole diversa sobre concienciación e educación en favor da natureza que poderás gozar en diferentes localizacións.
EXPOSICIÓNS
- 4 MAI a 8 XUL | EMOCIÓNS EN PERIGO de TIM FLACH | PONTEVEDRA
- 25 MAI a 24 XUÑ | BERCES DE VIDA. DE PASEO POLOS BOSQUES DE ESPAÑA | CELANOVA
- 8 XUÑ a 7 XUL | AUGA. O SANGUE DA TERRA | BECERREÁ
- 28 XUÑ a 29 XUL | A VIDA LENTA | LUGO
- 30 XUÑ a 30 XUL | OS NOSOS OCÉANOS | OLEIROS
NATURNOVA
- 9, 16, 17 e 23 XUÑ | Taller de insectos e arácnidos MÁIS INFO
- 3 e 10 XUÑ | Xornada de portas abertas con CULTURA POR ALIMENTOS | 17.30 a 20.30 h
- 22 XUÑ a XUL | xincana medioambiental MÁIS INFO
VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL
13 XUÑ | PLANCTON 2023. Limpeza en praias do Grove
17 XUÑ | PLANCTON 2023. Limpeza con mergulladores, da dársena de Bouzas en Vigo
Mes do Medio Ambiente 2023