Sesenta e tres producións de vintenove artistas que abordan a arte Pop desde as súas orixes nos anos 50 ata os nosos días. Andy Warhol, Roy Lichtenstein, Robert Rauschenberg, Eduardo Paolozzi, Richard Hamilton, Peter Blake, Yayoi Kusama, Equipo Crónica, Equipo Realidad, Eduardo Arroyo, Rafael Canogar, Damien Hirst, Takashi Murakami, Jeff Koons, Yoshitomo Nara, Julian Opie, Mr., Shepard Fairey (Obey), Kaws, D*Face, Boamistura e Okuda, entre outros.
VISITA INAUGURAL con Antonella Montinaro | 22 SET 2022 | 19.00 h
COMISARIA | Antonella Montinaro
A mostra recompila 63 producións de 29 artistas que abordan a arte pop desde as súas orixes nos anos cincuenta ata os nosos días. Andy Warhol, Roy Lichtenstein, Robert Rauschenberg, Eduardo Paolozzi, Richard Hamilton, Peter Blake, Yayoi Kusama, Equipo Crónica, Equipo Realidad, Eduardo Arroyo, Rafael Canogar, Damien Hirst, Takashi Murakami, Jeff Koons, Yoshitomo Nara, Julian Opie, Mr., Shepard Fairey (Obey), Kaws, D*Face, Boamistura e Okuda, entre outros.
A arte pop foi un movemento xurdido a finais da década de 1950 en Reino Unido e Estados Unidos como reacción artística ante o expresionismo abstracto e que se caracterizou polo emprego de imaxes e temas tomados da sociedade de consumo e da comunicación de masas aplicados á arte. Utilizaban imaxes coñecidas cun sentido diferente para acadar unha postura crítica da sociedade de consumo. O neo-pop, pola súa parte, é unha corrente artística vivo exemplo da posmodernidade do século XX, onde ironía, repetición, apropiación, deconstrución e distintas linguaxes ou referencias xeran unha arte a veces kitsch e de matices mixtos. Non hai homoxeneidade, igualmente se utilizan como fonte de inspiración as imaxes da cultura popular ca os medios de comunicación de masas. Todos os artistas neo-pop teñen en común o feito de utilizar a iconografía dos cómics, dos debuxos animados, dos anuncios publicitarios ou incluso a da obra doutros artistas pop xa consagrados. Igualmente, se algo caracteriza a arte urbana do século XXI arredor do mundo é a súa heteroxeneidade. As intencións dos seus autores son moi diversas e variadas, non todos manexan a linguaxe da subversión e a ironía, non todos tratan de incitar no público reflexións sociais nin políticas, pero si buscan chamar a atención, sorprender ao ocuparen un espazo público non concibido inicialmente para albergar obras deste tipo, ao converteren a rúa nun museo ao aire libre. O que une todos estes movementos é un sistema referencial e subxectivo. Tratase duns estilos que regresan á realidade cotiá da vida diaria, unha cultura popular con protagonismo da televisión, as revistas ou os cómics.
Esta exposición inclúe unha selección de artistas que levan traballando a linguaxe pop desde as súas orixes a mediados do século XX ata os nosos días, realizando unha análise comparada das producións artísticas de EEUU, Reino Unido e España. A través dun percorrido multidisciplinar e de carácter divulgativo, o público poderá contemplar desde as serigrafías de Marilyn Monroe elaboradas por Andy Warhol, ata as famosas latas Campbell protagonistas da súa produción, ou a repercusión en España co Equipo Crónica, pasando pola arte pop en Reino Unido e a continuidade no pop urbano.
DIDÁCTICA PARA ESCOLARES
Visitas obradoiro
INFANTIL, PRIMARIA, ESO, BACHARELATO e CICLOS FORMATIVOS
Visita obradoiro STEAM | INFANTIL A 3º PRIMARIA | 2 € escolar
Non STOP para a arte POP. Un divertido xogo de pistas para coñecer e achegármonos á cultura pop, clave e referencia do mundo do cómic, a televisión, o cinema e a música.
Visita obradoiro STEAM | 4º PRIMARIA A 2º ESO | 2 € escolar
Comeríate a versos! Unha viaxe desde os anos 50 do século XX até a actualidade, da man dunha das manifestacións artísticas máis representativas da cultura da posmodernidade.
Visita obradoiro STEAM | 3º ESO, BACHARELATO e C.F. | 2 € escolar
This is pop. Unha viaxe pola arte pop desde as súas orixes á actualidade.
Información e reservas: 986 333 210 | areaeducativapontevedra@afundacion.org
Esta exposición enmárcase no proxecto CULTURA POR ALIMENTOS lanzado por Afundación Obra Social ABANCA en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos co obxectivo de contribuír, a través de doazóns, a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia.
Entra aquí e infórmate polo miúdo sobre o noso programa CULTURA POR ALIMENTOS.