• Español
  • Acceso centros
  • Proxectos
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Oferta educativa
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Educación s.XXI
Inicio Área educativa Axenda
Axenda
Busca por...

Proxecto

Cidade

Entrada

Modalidade

Exposición VEXO, VEXO! QUE VES? Xogo, humor e metáforas na Colección de Arte Afundación en Vigo

Artes Plásticas y visuales
Compartir:
  • ico-twitterCreated with Sketch. En twitter
  • ico-facebookCreated with Sketch. En facebook
Exposición VEXO, VEXO! QUE VES? Xogo, humor e metáforas na Colección de Arte Afundación en Vigo
  • ONDE:

    Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24 - 26. Vigo (Pontevedra)

  • Entrada

    De pago

Ampliamos a oferta a escolares de Vigo e contorna, ofrecendo a mostra VEXO, VEXO! QUE VES? Xogo, humor e metáforas na Colección de Arte Afundación na Sala I da Sede Afundación de Vigo. Estará só aberta para os centros educativos, previa cita coa nosa Área Educativa, ata o 22 de xuño 2022. 

 

Esta escolma da Colección de Arte Afundación reflexiona sobre a capacidade comunicativa do humor e as metáforas, así como das propostas máis lúdicas. 27 pezas de autorías e soportes moi diversos: desde debuxos de Castelao, esculturas de Xurxo Oro Claro, a banda deseñada sobre a nosa Colección de Jacobo Fernández, etc. 

 

ARTISTAS

ISAAC PÉREZ VICENTE | CASTELAO | TONO CARBAJO | BERTA CÁCCAMO | HECTOR FRANCESCH | MANUEL VILARIÑO | SUSO FANDIÑO | JORGE PERIANES | VICENTE BLANCO | NANO4814 | HELENA SEGURA-TORRELLA | MIGUEL PIÑEIRO | JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO | ORO CLARO | DIEGO SANTOMÉ | CARBALLIDO | LOUREIRO | DIN MATAMORO

 

A arte ten infindos recursos para nos trasladar experiencias, sensacións e mensaxes. O humor e a metáfora visual, canda a súa vertente lúdica, son algúns dos mecanismos máis interesantes para procesar a realidade, xa que supoñen facelo dun xeito menos evidente e máis creativo. A arte contemporánea evita enunciar directamente as mensaxes, tende a evocalas e dar un papel activo ao público, polo que se serve destes recursos dun xeito único, despregando todo o seu potencial comunicativo. Igual que no xogo infantil Vexo, Vexo! Que ves?, imos apañando intuitivamente todos os detalles da peza de arte como se fosen pistas, até chegar a resolver o que nesta ocasión, e por se tratar de arte contemporánea, pode que teña moitas respostas.

A retranca, como emblema comunicativo do carácter galego, está moi presente nesta escolma de artistas do país. Esas chiscadelas visuais teñen grandes méritos. Permitiron escorregar mensaxes incómodas, zafar censuras e tamén conectar co público, ao proporcionaren unha versión máis amábel e divertida da arte, aínda falando de asuntos de envergadura. Grandes temas da nosa sociedade como a guerra, o amor, a natureza e o seu deterioro, ou a propia arte, son pensados e ridos ou chorados desde esa óptica particular que inflúe na súa creación e, indubidabelmente, na súa percepción.

 

PROGRAMA DIDÁCTICO

VISITA CREATIVA CON OBRADOIRO | INFANTIL A 3º PRIMARIA | duración 1 h 15 min

VISITA CREATIVA CON OBRADOIRO | 4º PRIMARIA A 2º ESO | duración 1 h 30 min

VISITA COMENTADA CON OBRADOIRO | BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS | duración 1 h 30 min

 

1 €/ ESCOLAR

 

Máis información e reservas en [email protected] ou no 986 129 032

 

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2022 © Fundación Galicia Obra Social
  • Área Educativa

    [email protected]
    986 120 089