CASA DA CULTURA DE ALLARIZ [Rúa O Castelo, s/n]
Mostra itinerante en colaboración con Afundación Obra Social ABANCA. Trátase dunha valiosa escolma fotográfica da Axencia EFE que nos leva a esa realidade histórica da emigración, galega e española, a través dunha síntese de corenta imaxes tiradas coa ollada profesional e humana dos fotoxornalistas da época.
Este é un proxecto de Corrente Cultural, unha iniciativa coa que promovemos desde Afundación, a Obra Social de ABANCA, e ABANCA un circuíto expositivo por diferentes vilas da xeografía galega, e en colaboración cos concellos ou outras entidades locais.
A MOSTRA
«Nós tamén fomos emigrantes» recolle unha escolma de imaxes dos arquivos da Axencia EFE que posúe un dos fondos fotográficos máis importantes de España sobre a emigración galega e española. Son retratos próximos que narran as circunstancias vitais da xeración das nosas nais e pais e tamén de avós e avoas, que abandonaron a súa terra na procura dun futuro mellor.
«A esencia dun fotógrafo é estar no lugar onde se produce a nova. Un dos grandes da fotografía xornalística, Robert Capa, que foi correspondente de guerra en moitas frontes e acabou morrendo ao pisar unha mina en Indochina, dicía que cando a foto non é boa é porque o fotógrafo non estaba preto dabondo. A exposición preséntanos, en branco e negro, unha síntese das nosas emigracións plasmada por fotoxornalistas de EFE. É a historia de milleiros de persoas que tiveron que abandonar a súa terra para sobrevivir. Son os anos cincuenta, sesenta, décadas de fame, de subdesenvolvemento, de falta de liberdade, mais tamén de construción, de aforrar a peseta para un arelado retorno».
Miguel Ángel Gozalo, director da Axencia EFE de 1996 a 2004.
DIDÁCTICA
A Área Educativa de Afundación pon a disposición da comunidade escolar un material didáctico coa finalidade de achegar un dos fenómenos máis importantes da historia contemporánea galega á xente nova, desde o punto de vista do arquivo fotográfico da Axencia EFE.
- Fuga de cerebros | 4º de primaria a 2º ESO
Información e reserva de prazas en
areaeducativa@afundacion.org
Esta exposición enmárcase en CULTURA POR ALIMENTOS, unha iniciativa de Afundación en prol de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos). Accede e colabora, doando algún alimento non perecedoiro, que irá destinado ao banco de alimentos local.
Entra aquí e infórmate polo miúdo.
CORRENTE CULTURAL