En streaming. Tamén en lingua de signos.
AS FABAS MÁXICAS
Teatro de monicreques/actor
Caramuxo Teatro
Galego 45 minutos
Educación Infantil (3 a 6 anos)
Este espectáculo contado en primeira persoa cos monicreques, achéganos unha nova versión do coñecido conto infantil Xan e as fabas máxicas.
Tras criarse na aldea con súa avoa, Xan vive agora de adulto nun apartamento de Nova York. Un día, coidando as plantas da súa terraza, descobre algo que o fai lembrar unha infancia chea de aventuras, onde co valor, a emoción e o enxeño se conseguirán superar todos os obstáculos.
Para máis información ou reservas escolares@afundacion.org ou no tf 986 120 089.