• Español
  • Acceso centros
  • Proxectos
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Oferta educativa
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Educación s.XXI
Inicio Área educativa Axenda
Axenda
Busca por...

Proxecto

Cidade

Entrada

Modalidade

Escolares 2021-22. CÍCLOPE en AfundaciónTV

Artes Escénicas, danza y música Economía y educación financiera
Compartir:
  • ico-twitterCreated with Sketch. En twitter
  • ico-facebookCreated with Sketch. En facebook
Escolares 2021-22. CÍCLOPE en AfundaciónTV
  • ONDE:

    AfundaciónTV

    .

  • Datas:

    Funcións | 24 e 25 NOV 2021

    Encontros | 26 e 29 NOV 2021

  • Horario:

    10.00 h

  • Entrada

    De pago

CÍCLOPE (Educación financeira)

Teatro de actor

Zarándula S.C.

Castelán, 60 minutos

5º e 6º de Educación Primaria

Esta obra de teatro dirixida a escolares de 5.º e 6.º de educación primaria, forma parte do noso programa de educación financeira, que axudará o estudantado a comprender mellor a importancia dunha boa xestión das finanzas persoais.

Na clase dun instituto, tres alumnos falan sobre a viaxe de fin de curso e o que terán que facer para conseguir o diñeiro que lles permita apuntarse. Ningún dos tres ten unha familia adiñeirada, e tras a pandemia e os ERTES, en ningunha casa andan sobrados de cartos para unha viaxe de estudos.  

Eles levan meses sen poderen saír, verse coas amizades, para eles esta viaxe é a súa fuxida, a súa busca do paraíso, a viaxe a Ítaca.  

Para conseguir realizar este soño embarcaranse en decisións e accións que en moitas ocasións porán en risco a súa economía, a das amizades e familia..., en fin, porán en risco a súa saúde financeira e a súa saúde persoal.

Unha viaxe antes da viaxe, situacións divertidas, sorprendentes que nos farán vivir na pel das persoas que están en escena. Unha auténtica aventura!

Atréveste a embarcar nesta viaxe?

 

ENCONTRO

Duración: 40 minutos

Carles García, autor e director da obra e economista experto en Economía Financeira e María, Álex e Rubén, elenco da obra, falarán da importancia de ter unha educación financeira básica que nos permita dispor dunha maior saúde económica, mental e persoal.

 

Inscríbete coa túa clase na web www.escolares.afundacion.org.

Máis información no 986 120 089

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026 © Fundación Galicia Obra Social
  • Área Educativa

    areaeducativa@afundacion.org
    986 120 089