• Español
  • Acceso centros
  • Proxectos
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Oferta educativa
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Educación s.XXI
Inicio Área educativa Axenda
Axenda
Busca por...

Proxecto

Cidade

Entrada

Modalidade

Escolares 2021-22. OUTROS CAMIÑOS en AfundaciónTV

Artes Plásticas y visuales
Compartir:
  • ico-twitterCreated with Sketch. En twitter
  • ico-facebookCreated with Sketch. En facebook
Escolares 2021-22. OUTROS CAMIÑOS en AfundaciónTV
  • ONDE:

    AfundaciónTV

    .

  • Datas:

    Documental | 6 e 9 MAI 2022
    Encontros | 10 MAI 2022

  • Modalidade:

    Online

OUTROS CAMIÑOS. Proxecto escolar de posta en valor da diversidade

Claqueta Coqueta Producións

Galego/Castelán (subtítulos en galego), 60 minutos

3º, 4º, 5º e 6º Primaria, ESO e bacharelato

 

  • Documental online | 6 e 9 de maio | visionado libre dentro do horario lectivo
  • Encontro online en directo con Rubén Riós | 10 de maio | 10.00 h

 

«A túa película gustoume moito. Pero ti serías capaz de facer con nós máis de 500 km enriba da bici pola Ruta da Prata?» Esta era a pregunta que facía Javichu, piloto con parálise cerebral de Discamino, ao director Rubén Riós en xaneiro de 2019 na Sede Afundación de Vigo, despois de ver o documental Máis ca Vida realizado con persoas con discapacidade intelectual.

Nese instante, comezarían centos de quilómetros, días de aprendizaxe, sorrisos, apertas e bágoas onde os líderes dese camiñar, catro persoas con parálise cerebral, guiarían o resto do pelotón na aprendizaxe da relación das persoas coa diferenza humana. Un proxecto soportado polo espírito de superación, o esforzo e a recompensa que iso leva parello en todos os ámbitos da vida.

Ver trailer

 

ENCONTRO

Duración: 50 minutos

OUTROS CAMIÑOS levará consigo un encontro posterior co actor e director Rubén Riós, no que achegará ao alumnado os camiños que marcan as diferenzas humanas a través da tolerancia, entendemento, empatía e do respecto cara a nós mesmos e cara ao resto da sociedade. Aprendamos a relacionarnos coa diferenza, a crer nun mesmo e derrubar as fronteiras que nos limitan.

 

Inscríbete coa túa aula na web www.escolares.afundacion.org, entrando en Acceso Centros co código e contrasinal do teu centro e seleccionando Localidade Virtual. 

Máis información no 986 120 089

Outros camiños con Claqueta Coqueta Producións
Outros camiños con Claqueta Coqueta Producións
Outros camiños con Claqueta Coqueta Producións
Outros camiños con Claqueta Coqueta Producións
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026 © Fundación Galicia Obra Social
  • Área Educativa

    areaeducativa@afundacion.org
    986 120 089