• Español
  • Acceso centros
  • Proxectos
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Oferta educativa
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Educación s.XXI
Inicio Área educativa Axenda
Axenda
Busca por...

Proxecto

Cidade

Entrada

Modalidade

Teatro para escolares: Class of vampires

Artes Escénicas, danza y música
Compartir:
  • ico-twitterCreated with Sketch. En twitter
  • ico-facebookCreated with Sketch. En facebook
Teatro para escolares: Class of vampires
  • ONDE:

    AUDITORIO MUNICIPAL OURENSE

    Rúa da Canle, 2. Ourense (Ourense)

Estas actividades son só para escolares

 

CALENDARIO

Ourense 9 XAN. | Lugo 10 XAN. | Pontevedra 13 XAN. | Vigo 14 a 16 XAN. | Ferrol 17 XAN. | A Coruña 20 XAN. | Compostela 21 XAN.

 

CLASS OF VAMPIRES

Teatro de actor

OnStage Company
Inglés | 65 minutos
1º, 2º, 3º e 4º de ESO

 
É un día moi importante para os nosos protagonistas! Comeza a rodaxe da súa primeira película, mais non vai ser doado... por un erro na asignación de tarefas veranse na obriga de improvisaren un creativo e innovador xeito de facer cinema! Unha versión auténtica, extravagante e divertida do clásico de Bram Stoker, unida a Turner, Buffy e Crepúsculo, coa que te desangrarás... da risa! O teatro participativo será a ferramenta máis útil, práctica e divertida para aprender o inglés.

 

ARTES ESCÉNICAS para escolares

A programación educativa de Afundación busca establecer valores na aprendizaxe, favorecendo o pleno desenvolvemento na transición cara á
idade adulta.

Descubrir toda a maxia do teatro, a emoción dun concerto ou a beleza da danza son só algunhas das sorpresas que se agochan entre os pregos dun pano que Afundación Obra Social ABANCA levanta para os públicos máis novos. As artes escénicas son unha das ferramentas educativas máis útiles para estimular a capacidade de observación do alumnado, posibilitar o diálogo e a reflexión, desenvolver habilidades sociais e xerar coñecemento. Ademais, complementan a súa formación académica, aprendendo normas de convivencia concretas en espazos comúns e compartindo con outras nenas e nenos experiencias novas e diferentes ás que se realizan na aula. Valores coma a tolerancia, a amizade, a xenerosidade, a perseveranza ou o esforzo transmítense dun modo próximo e natural neste tipo de contextos. O obxectivo é que as máis novas e novos se divirtan e aprendan compartindo.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2025 © Fundación Galicia Obra Social
  • Área Educativa

    areaeducativa@afundacion.org
    986 120 089