• Español
  • Acceso centros
  • Proxectos
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Oferta educativa
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Educación s.XXI
Inicio Área educativa Axenda
Axenda
Busca por...

Proxecto

Cidade

Entrada

Modalidade

DIDÁCTICA PARA ESCOLARES coa exposición A VIDA LENTA en Pontevedra

Artes Plásticas y visuales
Compartir:
  • ico-twitterCreated with Sketch. En twitter
  • ico-facebookCreated with Sketch. En facebook
DIDÁCTICA PARA ESCOLARES coa exposición A VIDA LENTA en Pontevedra
  • Datas:

    Até 15 XAN 2022

  • Entrada

    De pago
  • Modalidade:

    Presencial

CAFÉ MODERNO AFUNDACIÓN | PONTEVEDRA

O proxecto expositivo interdisciplinar A VIDA LENTA reflexiona sobre as formas de vida vencelladas ao rural galego, a súa iconografía, a súa presenza na cultura contemporánea e a sostibilidade do medio. Da man de Aser Álvarez, director, guionista e produtor galego, «A vida lenta. Memorias e ritmos do rural galego», conxuga máis de 70 fotografías, máis de 40 minutos de pezas audiovisuais, fragmentos poéticos e música nun proxecto pensado como instrumento para fomentar o debate contemporáneo e a revisión dunha realidade esencial para a conformación da identidade en Galicia. Agora podemos ver esta exposición na Praza de San Xosé de Pontevedra até o 15 de xaneiro de 2022.

 

VISITAS DIDÁCTICAS PARA ESCOLARES 

Visita conto | INFANTIL A 3º PRIMARIA | Do bo uso da curiosidade nace a creatividade
Un canto ao silencio, ao rechouchío dos paxaros e aos cantos dos grilos, á relación cos animais e a riqueza da terra. En plena era da tecnoloxía, a nosa sala de mostras será un lugar para a reflexión lenta, curiosa e creativa.

Visita creativa | 4º PRIMARIA A 2º ESO | Apagón tecnolóxico, só apto para valentes
Un planeta descoñecido, sen móbiles nin pantallas, sen plásticos nin latas. Unha viaxe ao inexplorado, este planeta é só mar, terra e apenas unhas poucas máquinas. A expedición máis arriscada nunca antes vista para un grupo de escolares que se enfrontará a unha auténtica apagada tecnolóxica... 

Visita comentada | 3º ESO A BACHARELATO E CF | A VIDA LENTA. Memorias e ritmos do rural galego
Visita á mostra explicando a orixe das fotografías, significados e o enfoque xeral da exposición.

 
1 € ESCOLAR
Información e reservas no 986 333 210

 

Seitura á man, Negueira de Muñiz, Lugo, 1980. Colección Jaume Joveras e Juan Piñeiro Andión
Seitura á man, Negueira de Muñiz, Lugo, 1980. Colección Jaume Joveras e Juan Piñeiro Andión
Nenos nunha casa labrega
(Lugo) 1969. Colección persoal Carlos Valcárcel
Nenos nunha casa labrega (Lugo) 1969. Colección persoal Carlos Valcárcel
Actividades paralelas A VIDA LENTA Pontevedra
Actividades paralelas A VIDA LENTA Pontevedra
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023 © Fundación Galicia Obra Social
  • Área Educativa

    areaeducativa@afundacion.org
    986 120 089