Este Contacontos financeiro é unha actividade mensual na Biblioteca Infantil e Xuvenil de Afundación en Santiago de Compostela, na que tomando como referencia un conto de literatura infantil analízase a súa moralexa en relación cun concepto de educación financeira.
Para Infantil e Primaria.
Neste curso, na Biblioteca Afundación de Santiago de Compostela, continuaremos coa oferta de visitas escolares orientadas a nenas e nenos de infantil, primaria e secundaria. O centro ofrece, ademais, un amplo e completo programa de actividades de animación lectora na propia biblioteca, con sesións de contacontos, obradoiros temáticos, presentación de libros, conferencias en torno á literatura infantil e xuvenil, exposicións bibliográficas, escolmas temáticas, obradoiros, etc. Ademais, seguirase completando o fondo bibliográfico coas novidades máis salientables do panorama literario actual. Actividades de concienciación social e colaboración con algunhas ONG.
Como novidade contaremos este ano cunha nova sección, Bibliotecasa, un espazo virtual con interesantes contidos orientados non só ao noso público senón tamén aos educadores en xeral.
Santiago de Compostela
Frei Rosendo Salvado, 14-16
biblio.santiago@afundacion.org
981 593 467
Especializada en literatura infantil e xuvenil, conta con máis de 20.500 libros e 750 DVDs. Espazo único para compartir, soñar, aprender, divertirse, crear e participar.