Coa conferencia PLANETA VIDA, o recoñecido ecoloxista Joaquín Araújo abre a exposición «O noso planeta» o martes 3 de marzo na Sede Afundación de Vigo.
Inscrición aberta en Ataquilla!
A CONFERENCIA
«Destrúese o que non se coñece e nada chega ao noso entendemento sen palabras. A catástrofe ambiental do presente débese, en non pouca medida, a que non escoitamos o resto do vivente. Chamei mil veces á defensa da Natura, o exercicio de tradución da linguaxe do espontáneo. Pero, agora está a ser desmantelado o noso – cada día úsanse menos palabras e as máis utilizadas perderon o seu verdadeiro sentido-. Cando apenas se escoita máis información cá política, económica e deportiva, pouco ou nada é máis silenciado que a expresión dos exteriores. Esa que pode deixar e deixa necesarias impresións en quen queremos dialogar e dialogamos con eles.
Algúns estamos convencidos, insisto, de que o mellor camiño para non devorar o mundo é escoitalo. Porque esa é a verdadeira dimensión da crise ambiental, que non sería posible se entendemos que a trama de tramas que é a Natura non só ten a nosa mesma composición, senón tamén as nosas mesmas necesidades. Nós satisfacémonos usando as materias primas, os procesos e ciclos naturais que ademais de malgastar, acaparamos. Alá fóra instalouse a continuidade da única forma posible: a reciprocidade; é dicir, de acordo coas máis elementais leis da física.
Joaquín Araújo é un referente da divulgación ambiental e un símbolo do movemento ecoloxista:
Premio AMIGOS DA TERRA polo seu labor en defensa da natureza a través de TV (1985)
Mención especial do xurado do Premio Nacional do Medio Ambiente de España 1991
Premio GLOBAL 500 polo seu labor divulgador a favor do medio ambiente ONU (1991). Este premio foi recibido de mans do rei de Suecia, no Concello de Estocolmo o 5 de xuño dese mesmo ano. Trátase do galardón internacional honorífico máis importante neste campo. Recibírono, entre outros, David Attemborough, Chico Medes, Greenpeace, WWF, Amigos da Terra, René Dumont, J.I. Cousteau, Gerald Durrel, Robert Redford, Jimmy Carter, David Bellamy, Petra Kelly... Foi o primeiro español en recibilo.
Premio Nacional de Medio Ambiente, na modalidade de Medios de Comunicación (1997)
Premio Amigo Félix 2005, da Asociación de fotógrafos da Natureza.