Quen somos

Quen somos?

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) é unha institución privada e sen ánimo de lucro que, a través da profesionalidade e a ética, se constrúe en base ás demandas emerxentes dunha sociedade en evolución.

 
Misión e visión
Padroado
Código ético
Información económica
Sedes

 

Misión e visión

A realización dunha acción educativa, social e cultural é o noso piar que, de xeito sostido, eficiente, relevante e con vocación transformadora, contribúe a mellorar a sociedade galega dentro e fóra de Galicia, posibilitando o desenvolvemento integral das persoas que forman parte dela.

Buscamos desenvolver un modelo de educación superior innovador e de calidade orientado ao mundo da empresa, potenciar o papel activo dos maiores na sociedade e fomentar o coñecemento e o desenvolvemento das persoas a través da cultura; todo iso con base nas actuacións propias, a calidade fronte á cantidade e a sostibilidade dos programas. 

As liñas estratéxicas de Afundación xiran en torno ás devanditas áreas de interese buscando a autosuficiencia financeira a través dunha xestión eficiente e operativa, cunha comunicación transparente e en continuo diálogo coa comunidade, unha estrutura organizativa con alto grao de flexibilidade que se adapta interdisciplinariamente para sacar o maior rendemento e atopar sinerxías que melloren o resultado dos proxectos e actuacións, seguindo un código ético, espello do noso compromiso.

 » Resumen resultados Un ano Afundación 2015. Pdf 6 Mb

»Memoria de logros 2014. Pdf 1 Mb

»Video da Memoria 2015 (Ga)

»Video da Memoria 2015 (En)

 

Como nos financiamos

Abanca é o noso mecenas tras a sinatura no ano 2015 dun convenio polo que se comprometeu a unha achega anual de cinco millón de euros ata o 2019. Transcorrido este período destinará o 3 % dos seus beneficios netos, cun mínimo garantido de cinco millóns de euros, para os seguintes 25 anos.

Afundación finánciase ademais a través do alugueiro de salas nas sedes e dos inmóbeis non catalogados como patrimonio histórico-artístico, da venda de entradas a espectáculos, cursos e obradoiros (Ataquilla.com), a través do co-financiamento de actividades por parte dos usuarios, ou a través do Monte de Piedade. Tamén contamos cun servizo editorial e realizamos proxectos de consultoría xerencial para empresas.

Padroado

O noso máximo órgano de decisión é o Padroado no que están representados ABANCA, as sete cidades galegas onde temos Sede, o Parlamento de Galicia, as deputacións provinciais, a Xunta de Galicia e o cadro de persoal. Todas as persoas adheridas a el teñen unha bagaxe profesional nos eidos en que Afundación traballa, tal e como se establecen os estatutos da entidade.

»Composición do Padroado (2014-2019):

Presidente: Miguel Ángel Escotet Álvarez
Vicepresidente: Ángel Sicart Giménez
Asesor xurídico: José Eduardo Álvarez-Naveiro
Secretario (non patrón): Jesús Navazo Ruíz
Director Xerente (non patrón): Pedro Otero Espinar 

Vogais

Marcelino Agís Villaverde

Paulo Fontán Torreiro

Francisco Botas Ratera

María Isabel González Rey

M.ª Jesús Budiño Rodríguez

José Luis Jiménez Martínez

Xosé Carlos Caneiro Pérez

Xosé Luís Liñares Barbeito

Olga Cuña Blanco

José Luis Lolo Celeiro

Ricardo Díaz-Casteleiro Romero

Pedro Raúl López Jácome

Juan Carlos Escotet Rodríguez

Laura Mosquera Escudero

Javier Etcheverría de la Muela

Ramón Sestayo Lestón

Eladio Fernández Pérez

Jesús Santiago Vázquez Sanluis

José Fernández Pernas

Óscar Villar Díaz

 O 17 de decembro de 2014 o Padroado aprobou o Plan Estratéxico 2015 -2019. 

Código ético

Contamos cun Código Ético para clarificar a nosa vontade de traballo transparente, de cara a dentro e fóra da entidade, que axuste uns valores e un compromiso moral co que facemos e co que somos, unha Obra Social a prol da sociedade galega. 

»Artigos

Información económica

»Ligazón ás contas anuais e informe de auditoría 2014. Pdf 1,1 Mb

Sedes

Contamos con dúas sedes principais, a do Padroado situada na Coruña e a da Xerencia en Vigo.

Ademais nas cidades de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela dispoñemos de emblemáticas construcións que xa son sinal identitaria de Afundación e das propias cidades que as acollen, nas que levamos a cabo un programa completo de actividades das que se benefician anualmente preto de un millón de persoas.

»Descúbreas aquí