Premios

A creación no campo da literatura e a arte ten o seu recoñecemento a través dos nosos premios anuais.

Coñece máis sobre estes e participa.

Premio de Poesía Afundación

Este certame literario, organizado polo Centro PEN de Galicia co patrocinio de Afundación e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, pretende impulsar a creación en lingua galega.

Se contas cunha obra poética inédita, consulta as bases e fainos chegar o teu orixinal.

Bases do XV Premio de Poesía Afundación. PDF - 107 kB

Premios de Xornalismo Julio Camba e Fernández del Riego

Dentro do ámbito xornalístico convocamos anualmente, xunto a Ámbito Cultural de El Corte Inglés, outros dos nosos concursos literarios: os premios Julio Camba e Fernández del Riego. Estes galardoan a autores de artigos escritos en castelán e galego, respectivamente, publicados en medios de comunicación de prensa escrita ou dixital.

Deseguido encontrarás os pormenores destes premios que son xa un referente en Galicia.

Premio de Xornalismo Julio Camba

Convocado para artigos escritos en castelán, entre a nómina de galardoados en edicións pasadas atópanse nomes de prestixio como Anxos Caso, Ramón Loureiro, Luís Ventoso ou Ignacio Camacho, entre outros.

Consulta as bases : Bases legais premio Julio Camba

Premio de Xornalismo Fernández del Riego

Convocado para artigos escritos en galego, entre a nómina de galardoados en edicións pasadas atópanse nomes de prestixio como Manuel Rivas, Miguel Anxo Murado ou Fina Casalderrey, entre outros.

Consulta as bases : Bases legais premio Fernández del Riego

Concurso de Beléns Afundación

O noso Concurso de Beléns, que conta xa con mais de 50 anos de vida, é unha convocatoria aberta a todos os particulares e colectivos que queiran presentar as súas creacións. A orixinalidade das composicións ou os materiais e recursos utilizados son elementos que o xurado ten en conta á hora de seleccionar os premiados. A exposición resultante do concurso é unha cita obrigada da programación de Nadal viguesa e por ela pasan cada ano máis de 15.000 persoas.

Consulta as bases :Bases Concurso de Beléns Afundación