• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

«A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración». Compostela

Xeral
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
«A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración». Compostela
  • 06-10-2016 27-01-2017 «A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración». Compostela 2016-2017 Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • Datas:

    6 de outubro a 27 de xaneiro de 2017

  • Horario:

    Luns a venres, 11.30 a 13.30 e 17.00 a 21.00 h. Sábados, domingos e festivos, 17.00 a 21.00 h.

    Polo Nadal abrimos só ata as 14.00 h. os días 24 e 31 de decembro e pechamos os días 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro.  

Ata o 27 de xaneiro de 2017 podes saborear unha apaixonante escolma dos tesouros das Coleccións de Arte ABANCA e Afundación que falan da emigración. O Centro ABANCA Obra Social de Santiago, na Praza de Cervantes, acolle a mostra «A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración», unha proposta para toda a comunidade, onde poder ver e vivir grandes obras creadas ao longo do século XX por algúns dos nosos artistas máis sobranceiros, desde Castelao a Maruxa Mallo ou Isaac Díaz Pardo. O nexo que os anoa a todos nesta mostra é o representaren a súa experiencia vital sobre a emigración desde fóra das nosas fronteiras.

 

A mostra, comisariada por Carlos L. Bernárdez, reúne 44 obras de 20 artistas galegos que contan cun amplo recoñecemento tanto dentro coma fóra das nosas fronteiras. «A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración» incide na achega cultural do fenómeno migratorio e a influencia que exerceu esta experiencia vital na evolución artística de cada un dos creadores escollidos.

 

O percorrido parte dunha das figuras chave na historia da arte galega: Castelao, cunha presenza da emigración constante na súa obra. A través del chégase a un segundo núcleo expositivo constituído polos artistas exiliados en América tras a guerra civil. Maruxa Mallo, Arturo Souto, Manuel Colmeiro, Eugenio Granell, Luís Seoane, Isaac Díaz Pardo ou Laxeiro son algúns dos creadores destacados cando falamos da arte galega á outra beira do Atlántico. A través das súas obras podemos observar como evoluciona a súa produción artística, en que está presente o país que deixaron atrás e a nova realidade americana, adoptando as expresións dunha sólida renovación formal que os conectan coas correntes internacionais máis avanzadas.

 

A exposición finaliza cunha representación das novas xeracións formadas na posguerra, un colectivo que protagoniza un novo fenómeno migratorio, esta vez principalmente cara a Madrid, o centro do sistema da cultura dominante, e outras cidades coma Nova York ou París. Leopoldo Nóvoa, Jorge Castillo, Manuel Mampaso, Luis Caruncho, Antonio Lago Rivera ou Tino Grandío son algúns dos representantes desta segunda diáspora con creacións que forman parte da mostra.

 

Horarios e visitas

Luns a venres, 11.30 a 13.30 e 17.00 a 21.00 h. Sábados, domingos e festivos, 17.00 a 21.00 h. 

 

Existen visitas comentadas para público en xeral e tamén programadas para centros escolares. Para máis información e reservas, 981 552 577 e areaeducativacompostela@afundacion.org

 

Nesta mostra dispós da aplicación de balde para Android e iOS, Colección de arte, para poderes ampliar información sobre as obras expostas. Enfoca a obra coa cámara do teu smartphone ou tablet e coñece a biografía do autor, gárdaa en favoritos ou compártea nas redes sociais! 

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078