Auditorio ABANCA

Inaugurado en 2011, o Pazo de Ramirás acolle agora un auditorio que respeta a antiga fisonomía do edificio en pleno casco histórico compostelán. Con capacidade para 700 persoas, estrutúrase en dúas alturas e conta cos últimos avances tecnolóxicos para acoller todo tipo de eventos escénicos: teatro, monólogos, danza, música, maxia, ópera ou musicais.

 

A oferta cultural xira en torno a dous ciclos temáticos: un de danza, lírica e música, e outro de teatro; e unha programación xenérica orientada a públicos diferentes.

 

Todas as entradas para os espectáculos do Auditorio ABANCA están á venda en Ataquilla.com


Salas disponibles



O Auditorio ABANCA conta cunha superficie total construída de máis de 2500 metros cadrados, distribuídos en dúas plantas, baixo e un ático.

No interior realizáronse as reformas necesarias para habilitar un Auditorio con capacidade para unhas 700 persoas, distribuídas en Patio de Butacas e Anfiteatro.

O Auditorio acolle actuacións de teatro, danza, música, ópera e musicais.

Ten foso de orquestra, cámara negra, cuncha acústica e camerinos, e ofrece ampliación do escenario. Trátase dun atractivo espazo para a cultura, funcional, versátil e cómodo.

Consultas

Benvida, -o ao Servizo de Consultas de Afundación, desde o que che poderemos resolver calquera dúbida e proporcionarche información sobre os nosos servizos e actividades.

Por motivos de seguridade, na resposta non facilitaremos datos persoais.

Os campos destacados con asterisco (*) son obrigatorios, polo que é necesario cumprimentalos antes de enviarnos o formulario.

¿ Pertences a unha entidade ou organización ?. Aquí deixámoche un enlace ao noso formulario de solicitudes
Información de contacto

De conformidade co establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que os datos de carácter persoal que vostede nos proporcione ao encher o presente formulario, incluído o enderezo de correo electrónico, serán incorporados aos ficheiros da Fundación Galicia Obra Social (AFUNDACIÓN) para que esta poida efectuar o tratamento, automatizado ou non, de tales datos, aos fins de (1) proceder á actualización dos seus datos no rexistro de usuarios de servizos de AFUNDACIÓN en Internet, (2) xestionar e/ou administrar os servizos indicados neste formulario aos que vostede se subscriba, e (3) enviar a vostede, mesmo por correo electrónico, mensaxes SMS ou outro medio de comunicación electrónica equivalente, informacións publicitarias ou promocionais, de carácter xeral ou adaptadas, mediante a aplicación de técnicas e procedementos estatísticos e de segmentación, ao seu perfil comercial, sobre os produtos ou servizos que AFUNDACIÓN poida comercializar en cada intre.

Vostede poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, de conformidade co establecido ao respecto na lexislación vixente, dirixíndose por escrito ao Servizo de Atención ao Cliente de AFUNDACIÓN, entidade titular e responsable dos ficheiros no seguinte enderezo: Cantón Grande S/N - A Coruña.

Mediante o envío do presente formulario vostede presta o seu inequívoco e expreso consentimento ao réxime aquí descrito relativo ao tratamento dos datos de carácter persoal e do enderezo de correo electrónico.

Porén, neste mesmo intre poderá vostede oporse á recepción de informacións publicitarias ou promocionais marcando a caixa habilitada ao efecto no presente formulario, ou ben enviándonos unha mensaxe a través do correo electrónico, para o cal poñemos á súa disposición o enderezo de correo electrónico bajas@ afundacion.org. Se, a pesares de non manifestar neste momento dita oposición, desexase vostede revocar en cualquera intre futuro o consentimento prestado para a recepción de informacións publicitarias ou promocionais, será abondo así mesmo a tal efecto con que nolo notifique mediante o envío dunha mensaxe ao mesmo enderezo de correo electrónico bajas@afundacion.org


Máis centros

Localidad:

Eventos relacionados

Non hai eventos