• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • IESIDE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite [email protected]
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Ximo Lizana, en «Educación século XXI» na Sede Afundación Afundación A Coruña e Afundación TV
Sala de prensa
Ximo Lizana, en «Educación século XXI» na Sede Afundación Afundación A Coruña e Afundación TV

Ximo Lizana, en «Educación século XXI» na Sede Afundación Afundación A Coruña e Afundación TV

martes, 08 de marzo de 2022
Conocimiento y Formación

08.03.2022. A Sede Afundación da Coruña e Afundación TV acollerán o vindeiro xoves 10 de marzo, ás 19.00 h, a conferencia de Ximo Lizana, «Ao futuro non se vai, créase» no marco do ciclo «Educación século XXI». En Afundación TV, a conferencia poderase seguir desde aquí e para asistencia presencial, o formulario de inscrición está aquí. Profesor e investigador da Universidad Europea, ex director artístico de ARCO e Premio Nacional (AECA) de arte contemporánea en España e Alemaña, será o encargado de realizar unha análise do contexto actual relativo á transformación dixital desde a óptica da intelixencia artificial, a súa especialidade, a ciberseguridade. Unha proposta que presenta desde a perspectiva da súa traxectoria persoal, que comezou no mundo da creación artística dixital vinculada á robótica e aos hologramas ata chegar ao seu labor actual como CEO de NxtFluencers e especialista en Branded Content tecnolóxico, que centra os seus esforzos no asesoramento para manter unha boa reputación das persoas no mundo dixital, o que coñecemos hoxe como a pegada dixital das persoas na rede. Así mesmo, o propio Lizana afirma, e así o abordará na súa conferencia, que o seu traballo consiste en axudar a inspirar e xestionar un diálogo fluído entre persoas, corporacións e institucións, proporcionando ideas estratéxicas para navegar na intersección dos mercados globais e a tecnoloxía dixital.

 

Este evento enmárcase na iniciativa solidaria de apoio a Ucraína no marco do proxecto «Cultura por alimentos» que, a raíz do drama humanitario que se vive neste país, se implica tamén coas persoas refuxiadas e a súa cidadanía. Afundación invita os asistentes ao acto a que, seguindo as recomendacións das entidades que están a traballar sobre o terreo, entreguen prioritariamente alimentos precociñados e latas de conserva, alimentos infantís, produtos hixiénico-sanitarios infantís e femininos e medicamentos e material de primeiros auxilios, que poderán depositar á entrada do recinto nos colectores dispostos para este fin. O acceso á conferencia será a cambio da entrega dalgún destes produtos.

 

«Educación século XXI»

A necesidade de consolidar un marco de educación asentado en valores éticos e de comprensión e apoio recíproco de toda a comunidade educativa é un dos principios que se seguen nas actividades didácticas desenvolvidas en Afundación. «Educación século XXI» de Afundación, a Obra Social de ABANCA, é un programa no que se quere destacar a importancia dunha educación asentada en valores no que docentes, nenas e nenos e as súas familias poidan coñecer técnicas, mecanismos e estratexias que favorezan a convivencia no contorno escolar para a consolidación dunha sociedade cohesiva e solidaria na que a igualdade e o respecto sexan os alicerces das relacións interpersoais.

Os contidos están accesibles tamén en diferido e difúndense a través das RRSS da Obra Social de ABANCA, co obxectivo de que estean ao alcance de toda a poboación, provéndoa, así, de ferramentas que contribúan a mellorar a nosa sociedade no seu conxunto.

 

Toda a información da actividade de Afundación, na nosa SALA DE PRENSA.

 

 

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • IESIDE
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078