• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Víctor Pablo Pérez dirixe a Sinfónica de Galicia no segundo concerto da Tempada de Abonos de Clásica do Teatro Afundación
Sala de prensa
Víctor Pablo Pérez dirixe a Sinfónica de Galicia no segundo concerto da Tempada de Abonos de Clásica do Teatro Afundación

Víctor Pablo Pérez dirixe a Sinfónica de Galicia no segundo concerto da Tempada de Abonos de Clásica do Teatro Afundación

mércores, 12 de febreiro de 2025
Cultura

A Orquesta Sinfónica de Galicia (OSG) protagoniza mañá xoves, día 13, o segundo dos concertos da Tempada de Abonos de Clásica do Teatro Afundación. A agrupación interpretará unha única peza, a Sinfonía n.º 2 en do menor de Anton Bruckner (1824-1896). Levará a batuta o director honorario da OSG, Víctor Pablo Pérez. A sesión musical é a segunda das 6 programadas pola Obra Social de ABANCA en Vigo durante este primeiro semestre no marco da Tempada de Abonos de Clásica. As persoas que non dispoñen de abono, pero desexen asistir, poden conseguir as súas entradas en Ataquilla.com.

A primeira versión da Sinfonía n.º 2 en do menor foi composta por Bruckner en 1872. O autor, que durante a súa traxectoria compoñería un total de 11 obras sinfónicas, tamén a denominaba «Sinfonía das pausas». Defendía, Bruckner, a importancia dos silencios na peza, especialmente relevantes nalgúns dos seus catro movementos. A OSG a interpretará en Vigo sen pausas. A duración prevista da sesión, que está organizada en colaboración coa Sociedade Filarmónica de Vigo, é de aproximadamente unha hora e dez minutos.

O concerto é un dos dous únicos programados pola Sinfónica de Galicia nos vindeiros meses baixo a dirección de Víctor Pablo Pérez. O músico burgalés, na actualidade director artístico e titular da Orquestra e Coro da Comunidad de Madrid, dirixiu á OSG desde a súa fundación e durante 20 anos, entre 1993 e 2013. Desde entón, ocupa o posto de director  honorario.

Segue a tempada

A primeira metade da Tempada de Abonos de Clásica de Afundación alcanzará o seu ecuador 6 días despois, o 19 de febreiro, co concerto Rompendo moldes, a cargo da Real Filharmonía de Galicia (RFG). Coa dirección de Baldur Brönnimann e o acompañamento ao piano de Vadym Kholodenko, a RFG interpretará pezas de Claude Debussy, Franz Liszt, e Joachim Raff.

A RFG volverá presentarse en senllos concertos os días 11 de abril e  15 de maio. Xa o 19 de maio, o sexteto de corda alemán Hamburger Elbphilharmonisches Sextett comparecerá no Teatro Afundación no que será o último dos concertos da primeira metade da Tempada. Interpretarán senllos temas de Johannes Brahms (1833-1897), tamén alemán e tamén de Hamburgo.

«Cultura por alimentos»

Os concertos da Tempada de Abonos de Clásica Afundación en Vigo forman parte do programa solidario «Cultura por alimentos», desenvolto pola Obra Social de ABANCA en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). As persoas asistentes poderán colaborar depositando produtos non perecedoiros nos contedores dispostos para tal fin no Teatro Afundación. As doazóns serán distribuídas por FESBAL entre familias en risco de exclusión de Vigo e a súa área de influencia.

 

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078