
A comedia teatral Un Oscar para Óscar chega a Afundación cunha trama pola que desfilan o éxito e a consecución dos soños
. O Teatro Afundación de Vigo acollerá o vindeiro martes, 21 de novembro, ás 20.30 h, a comedia teatral Un Óscar para Óscar. Na obra, catro personaxes vivirán unha das noites máis tolas das súas vidas e nela asomaranse a dúbidas e vivencias ao redor de temas como o éxito ou a consecución dos soños. En clave de humor. Pero tamén de reflexión. Un Óscar para Óscar está dirixida por Mario Hernández e protagonízana Jon Plazaola, Agustín Jiménez, Rebeca Salga e Mara Guil. As entradas xa están dispoñibles en Ataquilla.com.
A peza teatral presenta a un mozo director de cinema, Óscar Manzano (Jon Plazaola), nomeado aos Óscar por unha curtametraxe. O protagonista atópase na habitación dun motel nos arredores da cidade de Los Ángeles nos momentos previos á gala. Xunto a el, un grupo en grao sumo variado: o ministro de Cultura (Agustín Jiménez), a ministra de Facenda (Mara Guil) e unha moza escort girl, que se fará pasar pola súa parella (Rebeca Salga). Os catro terán unha gran noite. Todo iso nunha trama teatral na que o camiño por alcanzar os soños propios xoga un papel central.
Imaxes dispoñibles aquí
Da influencia vodevil ao retrato berlanguiano
En palabras do seu director, Mario Hernández, Un Oscar para Óscar é unha homenaxe ao dramaturgo Miguel Mihura (1905-1977) e a súa icónica Tres sombreros de copa. A trama evoluciona do vodevil máis clásico á comedia de enredo máis desatada, chegando a unha caótica última parte propia dun retrato berlanguiano. Os personaxes tamén sofren unha transformación representada a través dun elenco moi familiarizado co mundo da comedia.
Esta obra é a terceira produción dentro da Tempada de Teatro Afundación en Vigo. O ciclo culmina o próximo 6 de decembro coa peza teatral Adictos.