Un xuño de escena cos grupos de teatro do Espazo +60 Afundación Vigo
Os grupos de teatro do Espazo +60 Afundación Vigo representarán, os días 10, 11, 12 e 13 de xuño, de 19.00 a 20.30 h, no Salón de Actos do Colegio Hogar Afundación, diferentes pezas da escena española. Aberto a todos os públicos e sen necesidade de inscrición previa, as obras que se poñerán sobre o escenario son as seguintes.
Luns, 10 de xuño: Las amazonas e Fuera.
Martes, 11 de xuño: Informatizándose e El pacto.
Mércores, 12 de xuño: Lenguas de gato.
Venres, 13 de xuño: En esta obra nadie llora e Solo se vive una vez.
Esta actividade enmárcase na iniciativa solidaria «Cultura por alimentos» que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. Pódese colaborar facendo unha doazón produtos non perecedoiros ao recoller a invitación ou no momento da entrada ao auditorio o propio día do evento.