• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Tenda
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • IESIDE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Educación financeira
      • Grand Prix
      • Xornadas e conferencias para xente nova
      • Finanzas senior
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
      • Historias vividas
      • Falamos da escola
      • Fálame da emigración
      • Manifiesto por la solidaridad intergeneracional
      • Voluntariado
    • Programas Espazos+60
      • Cultura dixital
      • Benestar físico e mental
      • Entrenamento cognitivo
      • Educación emocional
      • Aprendizaxe permanente
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Imaxe social
      • 60+ COUNTS. Día Internacional das Persoas Maiores
      • Día Europeo da Solidariedade Interxeracional
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • Asóciate
      • Vantaxes
      • Formulario de inscrición
  • Voluntariado
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Un intenso outono artístico con mostras presenciais e virtuais en Afundación
Sala de prensa
Un intenso outono artístico con mostras presenciais e virtuais en Afundación

Un intenso outono artístico con mostras presenciais e virtuais en Afundación

luns, 21 de decembro de 2020
Cultura

21.12.2020. Afundación, adaptándose ás circunstancias actuais provocadas pola pandemia e co obxectivo de continuar promovendo a creación artística nas súas múltiples facetas, desenvolveu este outono un amplo programa de proxectos expositivos para que o público, en Galicia, e tamén fóra da comunidade, puidese seguir gozando da cultura.

Así, a Obra Social de ABANCA estendeu a programación máis aló das súas sedes, cun importante protagonismo de mostras situadas na rúa que saen ao encontro do público, ofrecéndolle un recurso cultural de primeira orde. Compartindo este obxectivo de achegar a cultura a toda a sociedade, Afundación vén colaborando con concellos de toda Galicia para que, a través do proxecto Corrente Cultural, as salas municipais destas localidades exhiban importantes exposicións con mensaxes relevantes, entre as que destaca a sostibilidade. Así mesmo, Afundación reforzou o seu proxecto de dixitalización dos contidos, con visitas virtuais a todas as súas exposicións, algunhas con recursos tan anovadores como a realidade aumentada vinculada á exposición de David Rubín.

Ademais, a sala virtual de exposicións de Afundación, Agalería, inaugurou tamén unha nova mostra no mes de decembro, outorgando preeminencia a unha nova reordenación do canon tradicional con «Mirar de novo. A muller contra o tempo».

Máis de 59 000 persoas gozaron desde o mes de setembro destes proxectos expositivos, nos espazos, na rúa ou nas versións dixitais.

As imaxes das distintas mostras están dispoñibles na seguinte ligazón: https://drive.google.com/drive/folders/1HyCvedOluTAx8xh8UL7rgderyschjkOZ?usp=sharing.

 

As exposicións nos espazos de Afundación e a pé de rúa

O proxecto «Miradas desde o confinamento», formado polas exposicións «Galicia en vilo» e «Primavera tras a ventá»; «Sacrificio e ascensión. 15 anos de cómic de David Rubín»; «Cromática. III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC)», «Castelao grafista (facsímile)», «O noso planeta», «Papiromates. Matemáticas + creatividade = papiroflexia», «O mundo ao principio. Premio Galicia de Fotografía Contemporánea», «Fotografías do 55.º Concurso de Beléns» son as mostras que se poden ver actualmente nas distintas sedes de Afundación. Tanto os accesos como a circulación dentro dos espazos expositivos da Obra Social de ABANCA foron adaptados conforme ás recomendacións sanitarias para poder seguir gozando da cultura dun modo seguro.

No contexto do seu proxecto de trasladar a actividade cultural fóra dos espazos onde se desenvolve tradicionalmente, mostrándolla tamén a un público que habitualmente non acode ás salas de exposicións e centros culturais, a entidade incorporou as rúas como escenarios expositivos, unha alternativa que resulta especialmente adecuada no contexto sanitario actual e enriquece os momentos de encontro nos espazos públicos. Así, na Coruña, no Cantón Grande, exhibiu a exposición «Galicia en vilo», na que sete fotoxornalistas galegos mostran un retrato do que sucedeu no exterior das nosas casas durante o confinamento, exercendo así de notarios da historia para a posteridade. Neste ámbito sitúase tamén «Vivir o mar», que se puido visitar na Praza de Armas de Ferrol nos meses de setembro e outubro. Unha selección de imaxes do recoñecido fotógrafo Philippe Plisson, de gran forza e beleza, que axudan a sensibilizar sobre o estado dos mares e océanos e convidan a adquirir un compromiso coa conservación do medio mariño.

O museo Agalería e as visitas virtuais

Afundación puxo en marcha un proxecto de dixitalización dos seus proxectos expositivos, co obxectivo de que o público poida achegarse ás propostas culturais neste novo contexto provocado pola pandemia, que dificulta o acceso aos espazos, pero tamén para levar os proxectos que se desenvolven en Galicia a públicos doutras poboacións españolas e doutros países, sen límites xeográficos, abrindo así unha xanela ao mundo.

Neste contexto nace o proxecto Agalería, o museo virtual da Obra Social de ABANCA. Trátase dun novo proxecto pioneiro en España, con carácter dinámico e interactivo, que ofrece ao visitante unha experiencia única que lle permite mergullar, non só nas obras expostas, senón no propio espazo. Agalería abriu as súas portas virtuais co proxecto expositivo «O mar nas coleccións de Arte ABANCA e Afundación» e, desde o 2 de decembro, está xa inaugurada «Mirar de novo. A muller contra o tempo».

Así mesmo, tanto na WEB de Afundación como na súa canle Afundación TV, o público pode percorrer virtualmente un total de 14 exposicións. As últimas incorporacións foron a mostra «Sacrificio e ascensión. 15 anos de cómic de David Rubín», que se exhibe actualmente na Sede Afundación de Ourense e que incorpora tanto na propia sala de exposicións como na visita virtual novas tecnoloxías de realidade aumentada, ofrecendo unha experiencia única que permite comprender a transformación que experimenta toda produción artística. A outra incorporación recente a estas visitas en liña foi «Cromática. III Muestra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC)», exposta actualmente na Sede de Santiago, que recolle o traballo de 19 artistas recoñecidos nacional e internacionalmente.

«Corrente cultural»

Así mesmo, este outono Afundación impulsou unha nova edición do seu programa «Corrente cultural», un proxecto desenvolvido con ABANCA, en colaboración con concellos de toda Galicia, no que traslada propostas culturais fóra dos seus espazos, para difundir cultura por toda Galicia, construíndo unha rede de calidade desde o convencemento de que a arte é un elemento imprescindible para potenciar o coñecemento e o desenvolvemento das persoas. Deste xeito, desde setembro ata decembro, a Obra Social de ABANCA exhibiu as mostras «Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española», «Auga. O sangue da terra», e «Fillos do océano», nas localidades de Boiro, Cee, Xinzo de Limia, Tui, O Rosal, Cedeira e Bergondo.

 

Toda a información da actividade de Afundación, na nosa SALA DE PRENSA.

 

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • IESIDE
    • Educación financeira
    • Centros educativos
    • Área Educativa
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
    • Programas Espazos +60
    • Imaxe social
    • Espazos +60
    • Asóciate
  • Voluntariado
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Mediateca
  • Contacto
  • Tenda
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078