Últimos días para participar en «Álbum COVID» de Afundación, un espazo de fotografía online aberto a todo o mundo
24.08.2020. A Obra Social de ABANCA continúa co seu certame online «Álbum COVID», unha proposta online e aberta para participar co envío de fotografías. O tema das imaxes remitidas debe estar ligado á COVID, en calquera dos seus ámbitos de afectación.
De entre todas as imaxes presentadas, en formato jpg, cun tamaño máximo de 1920 píxeles no maior dos lados, unha resolución de 300 ppp e que non superen os 2 MB, o xurado designado por Afundación seleccionará aquelas que valore de maior calidade para realizar unha exposición presencial ou virtual. De cara á selección, valorarase a forza narrativa da imaxe e a súa sensibilidade. O prazo de presentación de fotografías estará aberto desde o 15 de xuño ás 00.00 horas ata o 15 de setembro de 2020 ás 23 horas. As imaxes pódense remitir a fotografiacovid19@afundacion.org.
As bases para consulta sobre «Álbum COVID» están dispoñibles aquí.
Toda a información da actividade de Afundación, na nosa SALA DE PRENSA.