• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área educativa
      • IESIDE
      • Formación profesional
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Últimos días para apuntarse ás actividades dos espazos +60 de Afundación
Sala de prensa
Últimos días para apuntarse ás actividades dos espazos +60 de Afundación

Últimos días para apuntarse ás actividades dos espazos +60 de Afundación

mércores, 15 de setembro de 2021
Envejecimiento activo

15.09.2021. Os espazos +60 de Afundación, a Obra Social de ABANCA, entran nos últimos días para a inscrición en todas as actividades, presenciais e online, que se pechará o día 17 de setembro. Para 2021-2022 deseñáronse novos programas que teñen como obxectivo acompañar ás persoas participantes na recuperación dos hábitos e as actividades con propostas centradas especialmente na xestión das emocións, a reflexión sobre os seus proxectos de vida e o fomento das relacións interpersoais. Todo iso, desde o coidado cumprimento das indicacións sanitarias. «Durante a pandemia todos aprendemos a importancia de coidarnos e coidar aos demais, de tecer relacións, superar os medos, pensar na vida que queremos vivir e adaptarnos á nova normalidade. Neste contexto, e atendendo sempre ao que nos trasladan acódelas socias, construímos unha programación na que as emocións e as relacións interpersoais son un eixe vertebrador en todas as propostas», subliña Sabela Couceiro, coordinadora de Envellecemento Activo de Afundación.

Imaxes dos espazos +60 na seguinte ligazón:

https://drive.google.com/drive/folders/1wCn0RAEnFsNS-mvoOsQQhUpY7R9K4oYz?usp=sharing

 

Así, os programas que se presentan para 2021-2022, logo de meses de illamento, ofrecen propostas para recuperar as rutinas, superar o sentimento de soidade, desenvolver estratexias para xestionar as emocións cotiás ou recuperar o noso proxecto de vida. Todo iso, mantendo o fomento da aprendizaxe ao longo da vida, o benestar, o desenvolvemento persoal e o aproveitamento da experiencia vital e profesional das persoas maiores a través de proxectos interxeracionais e de voluntariado. De xeito transversal, os programas centraranse igualmente en crear oportunidades para que as distintas xeracións estean conectadas e en promover unha imaxe social desta poboación afastada de estereotipos.

OS PROGRAMAS NA MODALIDADE PRESENCIAL

Un dos retos de Afundación na súa área +60 é facilitar oportunidades para que as persoas maiores sigan desenvolvendo o seu proxecto vital a través de accións baseadas no modelo de envellecemento activo promovido pola Organización Mundial da Saúde (saúde, aprendizaxe permanente, participación social e seguridade). Ademais, as actividades de Afundación reforzan tamén a consolidación de propostas relacionais que axuden a mitigar o illamento derivado da COVID-19:

  • Tecer relacións e seguir adiante. Saír a pasear e conversar, en contornas abertas, gozando da conversación ao aire libre e a compañía. Destinado a aquelas persoas que necesitan un apoio para saír de casa e conectar cos demais.
  • Coñecernos mellor e continuar o noso proxecto de vida. As propostas de «Coñecendo as emocións», que animan a comprender o proceso emocional e xestionar as emocións na vida cotiá, e «Historias vividas», na que cada unha das persoas participantes poderá plasmar nun libro a historia da súa vida, constitúen os dous alicerces desta liña.
  • Conectarnos coa xente aproveitando as tecnoloxías. As relacións interpersoais teñen na canle dixital un aliado que convén coñecer e saber manexar a calquera idade.
  • Gozar, aprender e relacionarse. Os espazos +60 de Afundación contan cunha gran variedade de oferta formativa, que abarca desde contidos de música tradicional ou creación artística ata idiomas e propostas de actividades físicas para diferentes niveis.

AS PROPOSTAS ON LINE

Tras a relevancia da canle dixital no fomento das relacións, sociais e formativas, os espazos +60 de Afundación puxeron en marcha unha plataforma online a través da cal poderase acceder ás diferentes propostas que a entidade desenvolveu neste novo modelo de combinación presencial e dixital. Unha iniciativa que estende o alcance das propostas máis aló dos espazos +60, permitindo o acceso a quen, por distancia ou circunstancias persoais non poden participar nas actividades presenciais. Así mesmo, para facilitar non só a participación na modalidade en liña, senón tamén o manexo de dispositivos na vida diaria, programáronse cursos gratuítos para iniciarse ou mellorar no uso de móbiles e tabletas.

Os programas organizáronse en torno a tres áreas:

  • Benestar. «Coñecendo as emocións» permitirá contar con ferramentas para unha positiva xestión da saúde emocional por parte das persoas participantes, baixo a dirección de profesionais da psicoloxía.
  • Cultura dixital. Coñecer as nocións fundamentais para un correcto manexo de todas as posibilidades, redes sociais e aplicacións dixitais ao noso alcance é un requisito esencial para o uso seguro dos recursos das novas tecnoloxías.
  • Aprendizaxe permanente. O coñecemento de idiomas, de xadrez, música, historia da arte, literatura ou do patrimonio cultural galego, é parte tamén da programación +60 de Afundación na súa modalidade online.

Ata o 17 de setembro, estará aberto o prazo de inscrición. As reservas presenciais pódense realizar na propia web de Afundación e en Ataquilla.com para a modalidade online. Para calquera consulta, poderase contactar, de maneira presencial, telefónica ou por correo-e, cos espazos +60 da Obra Social de ABANCA.

 

 

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078