• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias DeseXo, o teatro como ferramenta de educación sexual, a nova proposta de Afundación na súa programación de teatro para escolares
Sala de prensa
DeseXo, o teatro como ferramenta de educación sexual, a nova proposta de Afundación na súa programación de teatro para escolares

DeseXo, o teatro como ferramenta de educación sexual, a nova proposta de Afundación na súa programación de teatro para escolares

martes, 04 de novembro de 2025
Conocimiento y Formación

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta mañá mércores 5 de novembro, ás 10.00 e ás 12.00 h, no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela, unha nova proposta escénica dentro da súa programación de actividades para escolares, DeseXo, de Talía Teatro, dirixida a público de 3º e 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato. Asistirán 758 estudantes procedentes de 14 centros educativos de Santiago de Compostela e localidades derredor.   

Como foi a nosa educación sexual? Estamos realmente preparados para vivir unha sexualidade sa? Sabemos relacionarnos desde o respecto e a empatía? E, sobre todo, somos quen de educar as futuras xeracións? Onde aprendemos o que sabemos sobre sexo? Na pornografía? Nas redes sociais? E que impacto ten iso na maneira en que desexamos, nos relacionamos ou nos entendemos? Observemos o que nos rodea: as cancións que escoitamos, os anuncios que vemos, os contidos que consumimos. Vivimos na era do desexo, na sociedade máis sexualizada da historia, e aínda así, o sexo segue a ser un tema cheo de silencios, prexuízos e tabús.

Despois do espectáculo, o director do espectáculo, Diego Rey; os intérpretes, Marta Ríos e Dani Trillo; unha sexóloga profesional, Bárbara Penas; e o público atoparanse para debullar o visto, escoitarse e falar sen tabús. Un convite a seguir pensando e aprendendo xuntos. 

As artes escénicas teñen unha especial relevancia dentro da programación para escolares que deseña cada curso o equipo da área educativa de Afundación co obxectivo de reforzar a formación que os estudantes reciben nas aulas. A programación está deseñada para promover unha educación en valores e competencias transversais potenciando o talento, a autonomía, a solidariedade, a creatividade, a autoestima ou o traballo en equipo. Neste sentido, as artes escénicas están consideradas como unha das ferramentas educativas máis útiles para estimular a capacidade de observación dos estudantes, posibilitar o diálogo e a reflexión, e desenvolver habilidades sociais.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078