• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación organiza en Naturnova obradoiros sobre cogomelos dentro do seu programa «Cultura por alimentos»
Sala de prensa
Afundación organiza en Naturnova obradoiros sobre cogomelos dentro do seu programa «Cultura por alimentos»

Afundación organiza en Naturnova obradoiros sobre cogomelos dentro do seu programa «Cultura por alimentos»

luns, 13 de novembro de 2023
RSC Conocimiento y Formación

Naturnova, o centro de educación ambiental de Afundación ofrecerá os próximos sábados 18 e 25 de novembro dous talleres sobre cogomelos, co obxectivo de introducir ás nenas e nenos participantes ao fascinante mundo da micoloxía. A actividade enmárcase na iniciativa solidaria «Cultura por alimentos» que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) e que pretende levar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. A entradas, gratuítas a cambio destas doazóns, están xa esgotadas pero é posible apuntarse en lista de espera AQUÍ.

Os talleres están dirixidos a nenas e nenos de 7 a 16 anos, en horario de 11.30 a 13.00 h. A primeira das sesións será o sábado 18 cun taller interactivo no que llas persoas participantes poderán achegarse dunha forma divertida e didáctica a distintos aspectos da bioloxía, taxonomía e ecoloxía dos cogomelos e realizarán xogos de clasificación de fungos frescos para aprender a recoñecer as súas distintas características. O sábado 25 de novembro dedicarase ao cultivo de cogomelos no que os participantes poderán aprender como cultivalas en casa, os substratos onde se poden producir e levarán a súa propia paca de cultivo para poder practicar o aprendido no taller.

As imaxes están dispoñibles aquí

 

Naturnova, o centro de educación ambiental de Afundación

Naturnova é un Centro Interactivo de Educación Ambiental aberto ao público desde o 5 de xullo de 2003. Trata de presentar de forma clara e resumida o medio ambiente, un mundo repleto de curiosidades, a todas aquelas persoas interesadas en darlle a man a algo tan atractivo como é a Natureza.

O seu principal obxectivo é estimular o coñecemento do mundo e a difusión da súa importancia, co fin de aprender a valoralo, respectalo e querelo. Ofrece ao visitante a posibilidade de gozar de máis de 30 módulos relacionados coa ciencia, o medio ambiente e a sustentabilidade, o espazo e o noso planeta Terra. Entre os módulos pódense ver dinosauros en realidade aumentada, crear paisaxes coa sandbox ou mesmo ver como se forma un tornado. Ademais de penetrar nos fondos mariños galegos dentro do simulador de submarino.

Así, Naturnova permite ao visitante, a través de módulos interactivos, explorar moitos e variados temas dunha forma activa e lúdica. A información preséntase mediante imaxes virtuais, obxectos, olores, recreación de ambientes, mapas… Todo isto axuda a descubrir facilmente o mundo desde o global, ata o máis próximo. O percorrido comeza cunha visión do universo, a nosa galaxia e o sistema solar para introducirnos, a continuación, no noso planeta. Del aprenderanse todos os elementos que condicionan a vida (o chan, a auga, o aire…) e tamén os seres vivos. Finaliza coa relación do ser humano co medio: como utiliza os recursos, como afecta a contorna ao usalos, e como, actualmente, trata de solucionar os problemas que creou. Orientadas aos diferentes grupos de idade, ofrece tamén diferentes didácticas para escolares nas que se tratan temas como as consecuencias que teñen o mal uso dos plásticos nos nosos ecosistemas; aprender sobre a estrela máis próxima, o sol; ou mesmo converterse nun detective do espazo, experto nos astros do noso sistema solar.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078