
Os Espazos+60 de Afundación en toda Galicia acollen obradoiros de maxia para familias impartidos por Pedro Volta
Os Espazos+60 de Afundación en toda Galicia, en cuxas actividades participan persoas maiores durante o ano, acollerán nos próximos días obradoiros para todas as idades nos que diferentes xeracións dunha mesma familia poden aprender a facer trucos e xogos de ilusionismo. Desde mañá, e ata o próximo día 30 de novembro, o ilusionista Pedro Volta percorrerá os 11 Espazos +60 que a Obra Social de ABANCA ten en toda a comunidade autónoma. Impartirá un obradoiro de 90 minutos en cada sede nos que se explicará como facer sinxelos e divertidos trucos de maxia.
Nas propostas dos Espazos +60 participaron en 2022 máis de 33.000 persoas. Afundación e Pedro Volta, un dos ilusionistas galegos máis celebrados nas dúas últimas décadas, propón agora unha experiencia que foi deseñada para que diferentes xeracións dunha mesma familia -a partir de 7 anos de idade- compartan e gocen a aprendizaxe.
Durante os obradoiros, Pedro Volta explicará como facer números de maxia sinxelos, deses que poden facerse con obxectos cotiáns, como moedas, cartas, gomas, ou billetes. A actividade está dirixida a persoas socias dos Espazos +60 e as súas familias. A información sobre como asociarse ou que actividades desenvolven os Espazos +60 está dispoñible no sitio web de Afundación.
Mañá en Ourense, o primeiro obradoiro
O Espazo +60 de Afundación en Ourense acollerá ás 17.00 h de mañá o primeiro dos obradoiros. Este xoves, día 16, a actividade chegará a Viveiro (17.00 h). A programación desta semana complétase coa celebración do taller en Monforte o sábado ás 17.30 h. Despois, Pedro Volta chegará aos Espazos +60 de Ferrol, Vigo, Pontedeume, Pontevedra, Lugo, Santiago, Betanzos e, finalmente, á Coruña.
Espacios +60 |
Fecha propuesta |
Hora inicio |
Ourense |
14-nov-2023 |
17:00 |
Viveiro |
16-nov-2023 |
17:00 |
Monforte |
18-nov-2023 |
17:30 |
Ferrol |
20-nov-2023 |
17:30 |
Vigo |
21-nov-2023 |
18:00 |
Pontedeume |
22-nov-2023 |
18:00 |
Pontevedra |
23-nov-2023 |
18:00 |
Lugo |
27-nov-2023 |
17:00 |
Santiago |
28-nov-2023 |
18.00 |
Betanzos |
29-nov-2023 |
18:00 |
A Coruña |
30-nov-2023 |
18:30 |
Durante os obradoiros, sortearanse dous exemplares do libro O Pazo Máxico, de Pedro Volta, entre os participantes de cada centro. Ademais, cada persoa poderá recibir unha entrada dobre para asistir á Gala Internacional Galicia Magic Fest, que poderá verse en diferentes escenarios da comunidade no próximo Nadal.