• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Sete recoñecidos ilustradores e ilustradoras debuxarán en directo de xeito sincrónico nas sete salas de «Simultánea»
Sala de prensa
Sete recoñecidos ilustradores e ilustradoras debuxarán en directo de xeito sincrónico nas sete salas de «Simultánea»

Sete recoñecidos ilustradores e ilustradoras debuxarán en directo de xeito sincrónico nas sete salas de «Simultánea»

martes, 07 de xaneiro de 2025
Cultura

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta unha nova actividade sincrónica no marco da macroexposición «Simultánea», unha nova proposta que se realizará ao mesmo tempo nas sete salas de Afundación das sete cidades galegas nas que se pode visitar o proxecto.

Nesta ocasión, destacados ilustradores e ilustradoras debuxarán en directo nas salas de «Simultánea». O público poderá ver en directo como se inspiran, crean e reinterpretan algunha das obras pertencentes á Colección de Arte Afundación. Entre os artistas que participarán atópanse perfís moi diferentes, con estilos, linguaxes e soportes diversos que constatan a riqueza da ilustración. Estarán nas salas de «Simultánea» destacados humoristas gráficos como Flavita Banana, Siro ou Luis Davila; artistas cunha dilatada carreira como muralistas de gran formato como Nana ou Iria Fafián; ilustradoras que tamén experimentan coa cerámica e outros materiais, como Abi Castillo; ou un nome imprescindible para entender e estudar a banda deseñada de superheroes e aventuras, David Rubín.

A actividade será o vindeiro xoves 9 de xaneiro, a partir das 18.30 h, con asistencia libre e de balde.

Sede Afundación da Coruña «Modo retrato»: Flavita Banana

Sede Afundación de Ferrol «O obxecto contemporáneo e doméstico»: Siro

Sede Afundación de Lugo «Escenas de costa e mar aberto»: Nana

Sede Afundación de Santiago de Compostela «Arquitecturas narradas»: Iria Fafián

Café Moderno Afundación de Pontevedra «Abstraccións e mensaxes cifradas»: Abi Castillo

Sede Afundación de Vigo «Volar coa imaxinación»: Luis Davila

Sala de Exposicións Afundación de Ourense «Espazo aberto e natureza»: David Rubín

Esta actividade reforza a aposta clara de Afundación por medios de expresión artística como a ilustración e a banda deseñada. Ambas son manifestacións en claro auxe tanto no panorama galego como estatal e internacional que amosan unha gran capacidade para conectar co público novo, unha gran permeabilidade á hora de adiantar ou reproducir tendencias estéticas e propostas experimentais e unha atractiva aplicación educativa. Así, esta proposta de ilustración en directo súmase a outras realizadas por Afundación como a recentemente inaugurada Comicteca do Teatro Afundación de Vigo, o Festival Internacional de Animación IMAXINARIA ou a Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC).

O macroproxecto «Simultánea»

Unha única exposición con 7 sedes nas que poderán verse arredor de 350 obras de arte realizadas nos últimos 200 anos. Cada unha das sedes, situada nunha das sete cidades de Galicia, expón unha escolma determinada de obras que foron agrupadas arredor dun eixe temático. Esa é a proposta do ambicioso proxecto expositivo «Simultánea», co que Afundación, a Obra Social de ABANCA, celebra o seu décimo aniversario e que se poderá visitar ata o próximo 25 de xaneiro, ofrecendo ao público unha maneira atractiva e suxestiva de aproximarse á creación artística de Galicia desde o século XIX ata a actualidade. A sede da Coruña céntrase no tema do retrato desde a súa perspectiva máis ampla: «Modo retrato». En Ferrol, e baixo o título «O obxecto contemporáneo e doméstico», poden contemplarse obras protagonizadas por obxectos cotiáns dotados dun cariz simbólico. As «Escenas de costa e mar aberto», dedicadas á representación do mar, expóñense en Lugo. E a Sede de Afundación en Ourense, baixo o título «Espazo aberto e natureza», acolle outra interesante selección de inspiradas na contorna natural.

«Simultánea» mostra na sede da Obra Social ABANCA en Pontevedra, baixo o título «Abstraccións e mensaxes cifradas» a forza expresiva, a capacidade de comunicar e a potente personalidade da linguaxe abstracta en Galicia. Mentres tanto, o proxecto expositivo aborda en Vigo, baixo o título «Voar coa imaxinación», o mundo do onírico, a imaxinación e a fantasía como ingrediente principal da arte. Na sede de Afundación en Santiago, en «Arquitecturas narradas», poden verse obras que reflexionan sobre as relacións do urbanismo e a arte.

A solidariedade «Simultánea»

«Simultánea» é parte do programa Cultura por alimentos, que Afundación desenvolve en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). O acceso ás mostras é libre e gratuíto, e Afundación invita o público visitante a levar produtos non perecedoiros e depositalos nos contedores habilitados para tal fin nos accesos ás exposicións. 

 

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078