Segunda proxección do ciclo de recitais promovido por Amigos de la Ópera de A Coruña na Sede Afundación
A Sede Afundación da Coruña acolle unha nova proposta da programación de actividades paralelas da Tempada Lírica da asociación Amigos da Ópera. Mañá, xoves 17 de outubro ás 18.30 h, proxectarase a segunda obra das incluídas no ciclo que é parte do programa de actividades paralelas da Tempada Lírica da Asociación Amigos de la Ópera. A ópera Edgar, gravada no Teatro Real de Turín en 2008, fai un redescubrimento da obra estreada en 1989 na Scalla de Milán. Nesta ocasión conta coa dirección de Yoram David e a participación da Orquestra e Coro do Teatro Real de Turín, así como o do conservatorio Giuseppe Verdi da mesma cidade. O elenco está integrado por José Cura no rol de Edgar; Amarilli Nizza, como Fidelia; Julia Gertseva, como Tigrana; Marco Vratogna, no rol de Fran; e Carlo Cigni, como Gualtiero.
Esta proposta está incluída no programa solidario da Obra Social de ABANCA «Cultura por alimentos», que anima o público asistente ao recital a realizar unha achega de alimentos non perecedoiros, que serán destinados ao banco de alimentos local.