• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Boletín
  • Mediateca
  • Contacto
  • Tenda ico-shopCreated with Sketch.
  • Español
  • ico-facebookCreated with Sketch.
  • ico-twitterCreated with Sketch.
  • ico-linkedinCreated with Sketch.
  • ico-youtubeCreated with Sketch.
  • ico-instagramCreated with Sketch.
  • Coñécenos
  • Educación
    • IESIDE
      • IESIDE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Educación financeira
      • Escolares
      • Xuventude
      • Maiores
    • Centros educativos
      • A Coruña
      • Pontevedra
      • Santiago
      • Vigo
    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premios de Xornalismo Xulio Camba e Fernández do Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
      • Falamos da escola
      • Fálame da emigración
      • Actividades interxeracionais
      • Voluntariado
    • Desenvolvemento persoal
      • Hábitos saudables
      • TIC
      • Saber +
      • Expresión artística
      • Lecer activo
    • Imaxe social
      • 60+ COUNTS. Día Internacional das Persoas Maiores
      • Día Europeo da Solidariedade Interxeracional
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • Asóciate
      • Vantaxes
      • Formulario de inscrición
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación presenta os «Sábados musicais» para os máis pequenos no marco da mostra «Sonoro empeño»
Sala de prensa
Afundación presenta os «Sábados musicais» para os máis pequenos no marco da mostra «Sonoro empeño»

Afundación presenta os «Sábados musicais» para os máis pequenos no marco da mostra «Sonoro empeño»

mércores, 23 de xaneiro de 2019
Cultura Conocimiento y Formación

Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa presentando as súas propostas lúdico-educativas vinculadas á exposición «Sonoro empeño. A música  nas coleccións ABANCA e Afundación». Nesta ocasión presenta o ciclo de actividades «Sábados musicais» dirixidos a nenas e nenos de entre 4 e 9 anos. Desenvolveranse todos os sábados do mes de febreiro, de 11.30 a 13.00 h, na Sede Afundación da Coruña (Cantón Grande, 8) e para participar é necesario anotarse en areaeducativacoruna@afundacion.org ou no teléfono 981 185 060.

A exposición «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación», que ilustra a relación entre as artes plásticas e a música, pódese visitar ata o vindeiro 2 de marzo na Sede Afundación da Coruña.

SÁBADOS MUSICALES EN AFUNDACIÓN

O primeiro taller, «Os fíos prodixiosos da música», celebrarase o sábado 2 de febreiro. Consistirá na audición e visionado de obras relacionadas cos instrumentos de corda. Os asistentes poderán coñecer curiosos instrumentos de corda que xamais imaxinarían que o son, e no taller fabricarán o seu propio instrumento: unha caixa de son con corda tensada para poder facer soar uns acordes.

En «Aporrear con sentido tamén é música» os instrumentos de percusión serán os protagonistas. Audicións, pintura e creatividade para construír un auténtico tambor co que poder gozar.

O seguinte sábado tocaralles a quenda aos instrumentos de vento no taller «O vento que se desliza produce música», con frautas, trompetas e trombóns. Ademais, os participantes construirán unha frauta máxica.

O programa rematará con «Pentagramas máxicos» dedicado ás orquestras, os dúos, os conxuntos e os grupos musicais.

«SONORO EMPEÑO»: ACTIVIDADES PARALELAS

As propostas que se desenvolverán nos vindeiros meses no marco da exposición «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación» abarcan, entre outros, concertos, intervencións artísticas, talleres de reciclaxe de instrumentos musicais, mesas redondas, animación na rúa, performances e pasacalles. As actividades, que aplicarán novas tecnoloxías e incluirán tamén accións interactivas e concursos, faranse en distintos espazos da Sede Afundación da Coruña e tamén no exterior do edificio.

A propia sala de exposicións acollerá paseos musicais, concertos, intervencións poético-musicais, nos que participarán, entre outros, a gañadora do Premio de Poesía Afundación, Estíbaliz Espinosa, ou os integrantes de ABANCA ReSuena, quen protagonizou o día da apertura da mostra un concerto inaugural.

A mostra pódese visitar así mesmo de forma virtual, cunha perspectiva 360, AQUÍ e as obras poden verse en realidade aumentada a través da App da Colección de Arte ABANCA.

ico-playCreated with Sketch. Vídeos

  • ico-playCreated with Sketch.
  • ico-playCreated with Sketch.
  • ico-playCreated with Sketch.

ico-photosCreated with Sketch. Imaxes

  • ico-photosCreated with Sketch.
  • ico-photosCreated with Sketch.
  • ico-photosCreated with Sketch.
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • IESIDE
    • Educación financeira
    • Centros educativos
    • Área Educativa
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
    • Desenvolvemento persoal
    • Imaxe social
    • Espazos +60
    • Asóciate
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Boletín
  • Mediateca
  • Contacto
  • Tenda ico-shopCreated with Sketch.
  • ico-facebookCreated with Sketch.
  • ico-twitterCreated with Sketch.
  • ico-linkedinCreated with Sketch.
  • ico-youtubeCreated with Sketch.
  • ico-instagramCreated with Sketch.
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2019 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078

Uso de Cookies. Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies. Se continuas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies

Pechar aviso