• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Retiran máis dunha tonelada de invasoras das dunas de Area da Cruz nunha limpeza organizada por Afundación
Sala de prensa
Retiran máis dunha tonelada de invasoras das dunas de Area da Cruz nunha limpeza organizada por Afundación

Retiran máis dunha tonelada de invasoras das dunas de Area da Cruz nunha limpeza organizada por Afundación

venres, 04 de outubro de 2024
RSC

Máis de 60 estudantes de ensino secundario do IES As Bizocas do Grove participaron na mañá de hoxe nunha intensa xornada de voluntariado ambiental focalizada na retirada de diferentes especies exóticas invasoras das dunas da praia grovense de Area da Cruz, fundamentalmente Carpobrotus edulis, coñecida popularmente como unlla de gato ou herba do coitelo, e a glicina chinesa Wisteria sinensis, unha especie vexetal gabeadora que se está a estender de xeito invasivo pola duna cun comportamento pouco habitual nesta especie, a rentes do chan, e sobre a que as persoas voluntarias de Actúa, o programa de voluntariado de Afundación, xa actuaran a finais da primavera pasada no marco de PLANCTON, retirando daquela máis de 350 quilos.

Os traballos na duna desenvolvéronse durante toda a mañá e, ao final de xornada, foi máis dunha tonelada o que se conseguiu retirar deste lugar tan sensible, que aos poucos, e grazas a iniciativas coma a de hoxe, semella que vai recuperando os valores naturais que atesoura, e no que as especies halófilas que precisan elevados niveis da sal nos solos, atopan un lugar privilexiado para vivir, entre elas, diferentes euforbias, o cardo da ribeira Eryngium maritimm, a cebola das gaivotas Pancratium maritimum, ou o alelí das praias por citar algunhas. Tamén se retiraron 21 kg de lixo mariño.

Do mesmo xeito que ocorrera hai cinco meses, a actividade contou coa colaboración do Concello do Grove, quen facilitou sacos para a recollida e ferramentas, ademais de encargarse da ulterior xestión das plantas exóticas invasoras retiradas do lugar.

Tras a xornada de hoxe en Area da Cruz, son xa máis de 12 as toneladas de flora exótica invasora retiradas no marco de PLANCTON, o Plan de Conservación Territorial impulsado por Afundación que con este tipo de actuacións, e con outras como as limpezas de lixo mariño, nas que xa leva retiradas 81 toneladas, procura fomentar a conservación e a sostibilidade das actividades realizadas na costa e no mar, especialmente na área de influencia das Zonas de Especial Protección para as Aves de ámbito mariño de Galicia, Rede Natura 2000, tratando de inculcar una conciencia sostible en todos os sectores sociais da comunidade.

 

As imaxes da xornada están dispoñibles aquí.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078