• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Robert Arnove, catedrático da Universidade de Indiana, Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
Sala de prensa
Robert Arnove, catedrático da Universidade de Indiana, Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa

Robert Arnove, catedrático da Universidade de Indiana, Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa

luns, 27 de novembro de 2023
Institucional Educación superior Conocimiento y Formación

Robert F. Arnove, catedrático honorífico emérito e Chancellor Professor da Universidad de Indiana de Estados Unidos, foi distinguido co galardón polo xurado da primeira edición do Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa de entre as 111 solicitudes presentadas, procedentes de nove países diferentes. Tras unha primeira selección de 17 nomeamentos, o xurado, integrado por profesionais de prestixio internacional e de países europeos, latinoamericanos e norteamericanos, decantouse por recoñecer a intensa e comprometida traxectoria de Robert F. Arnove, cuxa especialización no ámbito da educación comparada conduciuno a ser unha das referencias mundiais deste campo.

O presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, subliñou, ao comunicar a decisión do xurado, «a traxectoria de Robert F. Arnove consolidada, solvente e entregada completamente á educación como medio indispensable para a igualdade social e o progreso». E este é precisamente o espírito co que Afundación impulsa este premio que nace en 2021 «dentro da nosa liña estratéxica de Educación, cuxa vocación é a transformación social e a calidade educativa». O galardón trata, así mesmo, de «dar resposta á necesidade existente dentro do ámbito educativo internacional de recoñecer traxectorias profesionais dedicadas á investigación científica sobre a educación. Sentímonos moi orgullosos de fraguar este premio en Galicia para o mundo, recoñecendo a dimensión rigorosa da investigación, que non foi suficientemente galardoada», engadiu Miguel Ángel Escotet.

Bob Arnove, tras a súa licenciatura en Literatura Inglesa e Socioloxía na Universidade de Michigan, e o seu doutoramento en Desenvolvemento Internacional social e da educación pola Universidade de Stanford, coa súa incorporación ao claustro da Universidade de Indiana, iniciou a súa brillante carreira vinculada ao estudo da socioloxía da educación, ocupando varios cargos relevantes en organismos e grupos de investigación nesta área. Así, cabe destacar o seu nomeamento como presidente da Asociación de Educación Internacional e Comparada de Estados Unidos da que é, ademais, membro honorario polas súas constantes achegas para a promoción do estudo desta disciplina. Receptor dun Lectorado Fulbright, a súa actividade docente e investigadora levouno a ser unha figura demandada nas máis prestixiosas universidades do mundo e premiada en múltiples ocasións tanto pola súa traxectoria teórica e as súas investigacións, como polo seu labor na aula. Este aspecto foi, tamén, un dos elementos que destacou o xurado do Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa que, ademais, quixo resaltar o permanente compromiso social e ambiental do profesor Robert F. Arnove. 

Entre as súas múltiples publicacións cabe destacar os seus libros, como Education as Contested Terrain: Nicaragua, 1979-1993 ou Philanthropy and Cultural Imperialism: The Foundations at Home and Abroad. Emergent Issues in Comparative Education, Student Alienation, Talent Abounds, acerca dos master teachers e os estudantes con talentos diversos, como a música, as artes ou a ciencia, libro editado recentemente en español co título do talento abunda. Perfís de mestres excelentes e executantes extraordinarios.

Miguel Ángel Escotet expresou a súa gratísima sorpresa ao coñecer o nome do gañador, ante un xurado internacional e neutral, «É con toda xustiza que este primeiro premio recaese en Bob Arnove e éncheme de alegría que seleccionasen a quen ten todos os méritos para iso e co que me identifico plenamente, pois ambos soñamos coas utopías por un mundo máis xusto, democrático e pacífico, e porque somos xenuínos descendentes do maio francés de 1968 e do festival de Woodstock de 1969».

Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa

Afundación, a Obra Social de ABANCA, promove o Premio Internacional de Investigación Educativa co obxectivo de recoñecer a traxectoria de persoas destacadas polas súas achegas á investigación en educación en calquera dos seus niveis, dimensións ou modalidades en calquera parte do mundo. De carácter bienal, está dotado con 12 000 euros.

Tal e como se recolle nas súas bases, poden optar ao premio exclusivamente persoas físicas que non poden presentarse a título individual, senón que deben ser propostas por entidades ou organizacións. Este galardón créase en consonancia co carácter educativo de Afundación e a súa vontade de impulsar a educación tamén como materia científica capaz de contribuír moi significativamente ao desenvolvemento das persoas e os pobos e co fomento do pensamento na práctica educativa en todos os seus niveis e modalidades, tanto formais como non formais.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078