• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Protagonistas da emigración galega relatan a escolares a historia detrás das fotos da mostra «Nós tamén fomos emigrantes»
Sala de prensa
Protagonistas da emigración galega relatan a escolares a historia detrás das fotos da mostra «Nós tamén fomos emigrantes»

Protagonistas da emigración galega relatan a escolares a historia detrás das fotos da mostra «Nós tamén fomos emigrantes»

mércores, 08 de maio de 2024
Mayores Cultura

Sara López Mondelo, que emigrou a Australia en 1963; Fernando Fernández Losada, que tivo como destino Alemaña en 1964; e Rosa Valcárcel Martínez, que emigrou ao Reino Unido en 1970 contaron hoxe a escolares de Monforte as historias que están detrás das fotos que conforman a exposición «Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX». A iniciativa é parte do programa «O valor da experiencia», de Afundación, que ten como obxectivo ampliar as posibilidades de participación e contribución das persoas maiores á colectividade, aproveitando o seu talento e coñecementos vitais e profesionais.

A mostra é parte do proxecto «Corrente cultural», que impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando as propostas alén das sedes de Afundación e ABANCA e que nesta ocasión se desenvolve en colaboración co Concello de Monforte. Na inauguración e visita guiada estiveron, ademais das persoas voluntarias do Espazo +60 Afundación de Monforte e os escolares do CPR Plurilingüe Fundación Educativa Torre de Lemos, o alcalde José Tomé Roca; a coordinadora do Espazo+ 60 de Monforte, Carlota Álvarez- González; o coordinador de Banca Institucional de ABANCA en Lugo, Óscar Rodríguez e a responsable de Relacións Institucionais de Afundación en Lugo e Ourense, Beatriz Fernández-Anguiano.

 

Os protagonistas

Sara López Mondelo emigrou a Australia en 1963 Pola súa curmá enterárase de que o goberno pagaba os billetes ás «señoritas españolas» que tivesen entre 21 e 36 anos, coa condición de que quedaran durante dous anos no país. A motivación do goberno australiano era que, como en anos anteriores, chegaran moitos homes españois solteiros, podería haber así máis oportunidades para que tiveran descendencia e medrara a poboación do país. Esta emigración feminina a Australia é o que se coñece como Plan Marta (1960-1963 ).

Fernando Fernández Losada emigrou a Alemaña en 1964 cos seus irmáns xemelgos, para a reunificación familiar, seis anos despois de que marcharan seus pais. Tiña 7 anos. Saíu sen saber alemán e acabou aprendendo tres idiomas. A integración na escola, e no barrio en xeral, foi moi boa; os españois eran benvidos en Alemaña. Retornou en 1974.

Rosa Valcárcel Martínez emigrou ao Reino Unido en 1970, de onde retornou en 2021. Tiña 16 anos. Alí vivía xa a súa irmá, o que lle permitiu estender a súa estadía no país ata ter os 17 anos que se esixían para traballar. Tras varias ocupacións temporais, empezou a traballar na gardería que puxera en marcha o goberno español para fillos de españois, onde estaba a súa propia filla. Alí estivo 22 anos ata que en 2003 empezou a traballar no Ministerio de Traballo, en Londres. Retornou en 2021, ao xubilarse.

A exposición

exposición «Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX» recolle unha selección de corenta fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. O obxectivo é tratar de achegarnos a esa realidade histórica a través dunha síntese fotográfica das migracións mediante a mirada profesional e humana dos fotoxornalistas da época. É a historia de «millóns de españois que tiveron que abandonar a súa terra para sobrevivir», en palabras de Miguel Ángel Gozalo, director da Axencia EFE entre 1996 e 2004.

Poderá visitarse no Espazo+ 60 de Afundación en Monforte ata o 20 de maio, período no que as persoas voluntarias, monfortinas e protagonistas deste período histórico, compartirán co alumnado dos centros educativos da contorna a súa experiencia na emigración a través de visitas guiadas.

Imaxes do encontro e historias de vida das persoas voluntarias do programa «Fálame da emigración», dispoñibles AQUÍ.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078