• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación programa no seu Auditorio de Pontevedra un espectáculo cada semana entre setembro e decembro
Sala de prensa
Afundación programa no seu Auditorio de Pontevedra un espectáculo cada semana entre setembro e decembro

Afundación programa no seu Auditorio de Pontevedra un espectáculo cada semana entre setembro e decembro

xoves, 22 de agosto de 2024
Cultura

Un total de 18 espectáculos conforman a programación do Auditorio Afundación de Pontevedra para os últimos meses do ano. A proposta da Obra Social de ABANCA para o seu Auditorio en Pontevedra chega cargada de humor: son monólogos ou comedias as seis propostas teatrais para o período. Os actores galegos Josito Porto e David Amor inauguran a tempada coa obra Go Home o 20 de setembro. Desde entón, e ata que chegue o Nadal, haberá polo menos un espectáculo por semana. A tempada termina o 21 de decembro coa música de Remember Queen, un concerto tributo á lendaria banda británica de rock liderada por Freddy Mercury. Entre ambas as citas haberá, ademais, outras 5 obras de teatro, 4 musicais, 3 concertos, 2 espectáculos a cargo do ucraíno Ballet de Kiev, e 2 galas de ilusionismo. As entradas están xa dispoñibles en Ataquilla.com.

Josito Porto e David Amor, populares tamén polos seus traballos para o cinema e a televisión, subiranse ao escenario do Auditorio Afundación a poucas horas do final oficial do verán: ás 9 da noite do 20 de setembro. E convidarán o público, nun espectáculo en clave de comedia negra, a reflexionar sobre un asunto que está de candente actualidade: o turismo de masas e os seus impactos. Go Home conta as peripecias dun viaxeiro incansable que de modo casual chega ao Cebreiro e atopa alguén da zona con quen vive unha complicada experiencia.

Unha semana despois, o día 27 de setembro, comezan os musicais. O primeiro será unha homenaxe ao Rei do Pop, Michael Jackson. O seu título é Michael's Legacy e o club de fans españois do compositor e cantante considérao o mellor show de música en vivo sobre Jackson. O seguinte musical, o 5 de outubro, volve sobre outro referente clásico da cultura urbana das últimas décadas: Friends. The musical parody, construído a partir da serie de televisión dos anos noventa da que toma o seu nome. O musical dos 80s e 90s II rumbo aos 2000 ―segunda parte―, tamén en outubro, e Un conto de Nadal ―14 de decembro― tamén reunirán sobre o escenario grandes elencos para interpretar e cantar grandes historias.

Ballet con causa: Ucraína

Desde Ucraína chega, en dobre cita, o Ballet de Kiev. Presentará dous espectáculos imprescindibles cada ano en boa parte das cidades europeas. Trátase dos ballets de Chaikovski O lago dos cisnes e O crebanoces. O Ballet de Kiev mantén a súa sede na capital de Ucraína. As súas actuacións teñen, ademais, un compoñente benéfico. Un euro do valor total de cada entrada será doado a Unicef para apoiar o seu traballo en Ucraína.

Teatro, concertos e maxia

Mistery Class, de Goyo Jiménez ―18 de outubro―, Feito á man, de Pantomima Full ―19 de outubro―, Acabouse. O meu último espectáculo, de Moncho Borrajo ―16 de novembro―, e Esfínter ―28 de decembro― completan a relación de monólogos e stand up comedies que conforman a programación nos últimos meses do ano.

Polo escenario do Auditorio Afundación, e cun elenco liderado pola actriz María Luisa Merlo, pasará tamén, o 8 de novembro, a comedia teatral Mentiras intelixentes.

Os 3 concertos programados celebraranse entre o 22 de novembro, co cantautor Ismael Serrano, e o 5 de decembro, no que a agrupación Conductores Suicidas presenta o seu Tributo a Joaquín Sabina. Entre ambas as citas, o 30 de novembro, a banda Im-pulse subirase ao escenario do Auditorio Afundación en Pontevedra tamén para homenaxear a outra das grandes bandas de rock da historia, Pink Floyd.

Haberá, ademais, dúas citas coa maxia. Trátase da Gran Gala Internacional Galicia Ilusiona, o 6 de outubro, e da oitava edición do Galicia Magic Fest, os días 21 e 22 de decembro e cun claro acento local: o festival, que aproxima á comunidade autónoma os mellores ilusionistas do mundo, promóveo Pedro Volta.

 

 

 

Imaxes dispoñibles nesta ligazón.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078