• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Maiores de 55 anos de toda Galicia viaxarán con Afundación a 6 destinos de 3 continentes despois do verán
Sala de prensa
Maiores de 55 anos de toda Galicia viaxarán con Afundación a 6 destinos de 3 continentes despois do verán

Maiores de 55 anos de toda Galicia viaxarán con Afundación a 6 destinos de 3 continentes despois do verán

martes, 06 de agosto de 2024
Mayores

Xusto dous días antes de que comece o outono, o 19 de setembro, un grupo de persoas maiores de 55 anos de toda Galicia subirán a un avión en Porto (Portugal) para chegar ata a cidade canadense de Toronto. Logo comezarán un periplo que os levará a lugares de alto interese coma as cataratas do Niágara, Ottawa, Quebec ou Montreal. Os viaxeiros e viaxeiras estarán acompañados en todo momento dun guía e dúas persoas do equipo de Afundación. Ademais, en cada un dos lugares aos que cheguen, un cicerone local recibiraos e axudaralles durante as visitas. Así é o programa Viaxes + 60 da Área de Maiores de Afundación. No 2023, máis de 450 persoas participaron nas expedicións organizadas pola Obra Social de ABANCA. 

A viaxe a Canadá é a máis longa das programadas a partir de setembro: o periplo durará 12 días. Tamén é a única para a que aínda quedan prazas dispoñibles. Xa están esgotadas as cotas para as dúas viaxes programadas en setembro e outubro a destinos europeos: á Costa Brava e o sur de Francia, por unha banda, e a Roma pola outra. En ambos os casos, a duración é de catro días. 

O 15 de outubro comeza o primeiro dos periplos de sete días por Marrocos e as cidades imperiais de Fez, Marrakech, Meknes e Rabat propostos por Afundación para este outono. Repítese entre o 12 e o 19 de novembro. Toda a información do programa Viaxes +60 está dispoñible na páxina web de Afundación.

Todas as viaxes inclúen autobuses desde os Espazos +60 ata o aeroporto, ida e volta, voos con taxas incluídas, hoteis de tres e catro estrelas con pensión completa, guía acompañante e guía local, con audioguías individuais para as visitas, e seguro de viaxe e cancelación. 

Envellecemento activo

O prazo para inscribirse neste 2024 no programa Viaxes +60 abriuse o pasado 20 de febreiro e a demanda foi moi elevada. As prazas para algúns destinos esgotáronse en 2 días. Antes de que comezase o verán, os participantes en Viaxes +60 puideron visitar Estremadura e o Val do Jerte, New York, Berlín e Romanía nunha actividade deseñada, tamén, para  apoiar a dinamización das relacións entre participantes. 

A Área de Maiores de Afundación organiza este programa dende as 11 sedes que a entidade ten en toda Galicia. A actividade forma parte dun conxunto de programas destinados a fomentar a socialización, a aprendizaxe ao longo da vida, o benestar, o desenvolvemento persoal e o aproveitamento da experiencia vital e profesional das persoas maiores a través de proxectos interxeracionais e de voluntariado. 

Con vocación inclusiva e innovadora, os programas da Área de Maiores de Afundación deséñase poñendo no centro as persoas maiores para contribuír a erradicar o idadismo, seguir avanzando cara a unha sociedade libre de estereotipos cara ás persoas maiores, e poñer en valor as súas experiencias a través de iniciativas colaborativas e formativas. 

A programación céntrase en tres ramas principais: a aprendizaxe permanente, a promoción da saúde física, emocional e relacional, e a contribución social a través do voluntariado.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078