• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Tenda
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • IESIDE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
      • Historias vividas
      • Falamos da escola
      • Fálame da emigración
      • Manifiesto por la solidaridad intergeneracional
      • Voluntariado
    • Programas Espazos+60
      • Cultura dixital
      • Benestar físico e mental
      • Entrenamento cognitivo
      • Educación emocional
      • Aprendizaxe permanente
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Imaxe social
      • 60+ COUNTS. Día Internacional das Persoas Maiores
      • Día Europeo da Solidariedade Interxeracional
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • Voluntariado
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias IESIDE presenta cun coloquio sobre a era post COVID a obra Después de la pandemia
Sala de prensa
IESIDE presenta cun coloquio sobre a era post COVID a obra  Después de la pandemia

IESIDE presenta cun coloquio sobre a era post COVID a obra Después de la pandemia

mércores, 10 de febreiro de 2021
Educación superior

O Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa, IESIDE, unha institución da Obra Social de ABANCA, Afundación, presentou esta mañá o libro Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia, unha rigorosa análise múltiple, en edición bilingüe español-inglés, sobre o impacto económico da covid-19 no que 11 figuras relevantes dos ámbitos empresarial, académico e da investigación, abordan desde as súas distintas ópticas, propostas para o novo contexto desde unha perspectiva global, nacional e con especial foco en Galicia. Con esta publicación estréase o selo editorial IESIDE Ediciones, cuxo obxectivo é complementar e reforzar as investigacións desenvolvidas polo Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa e a futura universidade UIE e pola cooperación académica coas súas universidades asociadas de Europa e América.

 

A presentación da publicación tivo lugar esta mañá no marco do coloquio «Consecuencias e oportunidades da pandemia na economía galega: finanzas, pesca, enerxía, transformación dixital e internacionalización», transmitido por Afundación TV, e na que participaron algúns dos autores dos capítulos: Francisco Botas, CEO de ABANCA; Fernando Gónzalez Laxe, catedrático de Economía Aplicada da Universidade da Coruña; P. Antonio Merino, director de Estudos e Economista Xefe en Repsol e Ana Teresa Tavares-Lehmann, profesora de Economía da Universidade de Porto e exsecretaria de Estado de Industria de Portugal. O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, realizou a apertura institucional do evento. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, autor do prólogo do libro foi o encargado de abrir o coloquio.

 

Despois da pandemia: Reflexións e desafíos para Galicia é unha lectura estratéxica, enraizada na conxuntura galega actual, que persegue proporcionar ideas e ser un barómetro inspirador que estimule o pensamento crítico baixo a mirada de expertos de ámbito nacional e internacional.

 

Transcorrido un ano desde o inicio da pandemia, cada un dos autores escribiu un capítulo exclusivo para a publicación no que expoñen, desde os seus distintos ámbitos profesionais, ideas para a reflexión sobre a Galicia do futuro no novo contexto europeo e mundial provocado por el impacto da covid-19

 

Francisco Botas, CEO de ABANCA, analiza a contorna de España e Galicia e as súas perspectivas; P. Antonio Merino, director de Estudos de REPSOL, concéntrase nos aspectos clave da cuestión enerxética; Mauro Guillén, catedrático de Dirección Internacional da Empresa en The Wharton School da Universidade de Pennsylvania (EE. UU.), refírese aos desafíos empresariais; Fernando González Laxe, catedrático da Universidade da Coruña, describe o impacto sobre o sector pesqueiro e os hábitos de consumo; Carlos Ocaña, director xeral de FUNCAS e doutor en economía da Universidade Northwestern de Chicago, pon o foco da súa análise nas perspectivas económicas a medio prazo; Xulio Ríos, fundador e presidente do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), refírese ao factor China e a súa potencial incidencia en Galicia; Ignacio Martín Maruri, profesor e experto en Liderazgo e máster en Administración pública da Universidade de Harvard, céntrase nos desafíos do teletraballo e as súas consecuencias; Alicia García-Herrero, profesora da Universidade de Ciencia e Tecnoloxía de Hong Kong e economista xefe de Asia-Pacífico de Natixis, incide nos factores crave da nova orde económica mundial; Ainhoa Marín Egoscozábal, investigadora principal do Real Instituto Elcano e profesora de economía aplicada da Universidade Complutense, reflexiona sobre os impactos da pandemia en África e en Galicia; Soledad Núñez Ramos, doutora en Economía da Universidade de Minnesota (EE. UU.) e membro do Consejo General do Banco de España, analiza as respostas que ofreceron as autoridades económicas e financeiras á pandemia; e, finalmente, Ana Teresa Tavares- Lehmann, profesora de Economía da Universidade de Porto e ex secretaria de Estado de Industria de Portugal, examina o impacto da dixitalización na internacionalización das empresas do seu país e de Galicia.

IESIDE EDICIONES

IESIDE Ediciones ten como propósito achegar á comunidade científica, académica e empresarial, nacional e internacional, obras de ensaio académico e investigación nos ámbitos da economía, a globalización, a empresa, as novas tecnoloxías, o capital humano, a responsabilidade social empresarial, a sustentabilidade e áreas afíns.

Nun contexto de transformación permanente, IESIDE asume como parte do seu labor como institución de educación superior, publicar obras xeradas desde o compromiso coa sociedade, a investigación, o desenvolvemento e a innovación, capaces de promover novas estratexias e actuacións creativas en todo o espectro da empresa e o emprendemento.

DESCARGA DO LIBRO

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • IESIDE
    • Centros educativos
    • Área Educativa
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
    • Programas Espazos +60
    • Imaxe social
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • Voluntariado
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Tenda
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078