• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Pingüin, unha obra de monicreques sobre os cambios na estrutura familiar, a nova proposta de Afundación para escolares
Sala de prensa
Pingüin, unha obra de monicreques sobre os cambios na estrutura familiar, a nova proposta de Afundación para escolares

Pingüin, unha obra de monicreques sobre os cambios na estrutura familiar, a nova proposta de Afundación para escolares

venres, 05 de abril de 2024
Cultura Conocimiento y Formación

O Auditorio do Teatro Afundación de Vigo acollerá durante toda a vindeira semana a última proposta escénica da programación de teatro para escolares de Afundación para este curso. Más de 4000 escolares de educación infantil de 55 centros de Vigo e arredores gozarán de Pingüin, de Empatía Teatro, unha produción que a través das divertidas peripecias dun pequeno pingüín trata en clave de humor situacións cotiás da vida entre pais, nais e fillos. As representacións serán os días 8, 9, 10, 11 e 12 de abril, con funcións ás 10.00 e ás 12.00 h. A función das 10.00 h do mércores 10 de abril contará con interpretación en linguaxe de signos. 

Con Pingüin abórdase o tema da difícil situación á que se enfronta un neno cando ten que compartir o agarimo e a atención dos seus pais cun novo membro na familia. O noso «príncipe destronado» deberá superar esta proba e darse conta de que gañou un amigo para toda a vida. Esta obra foi recoñecida con Premio a Mellor Espectáculo no World Art Festival of Puppets de Praga e o Premio a Mellor Proposta Dramática na Fira de Titelles de Lleida.

Esta obra forma parte da programación escénica para escolares da Obra Social de ABANCA. As artes escénicas teñen unha especial relevancia dentro da programación que deseña cada curso o equipo da área educativa de Afundación co obxectivo de reforzar a formación que os estudantes reciben nas aulas, promovendo unha educación en valores e competencias transversais que potencia o talento, a autonomía, a solidariedade, a creatividade, a autoestima ou o traballo en equipo. Neste sentido, as artes escénicas están consideradas como unha das ferramentas educativas máis útiles para estimular a capacidade de observación dos estudantes, posibilitar o diálogo e a reflexión e desenvolver habilidades sociais.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078