• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Persoas voluntarias de entre 52 e 77 anos promoven con Afundación unha tenda solidaria en Betanzos
Sala de prensa
Persoas voluntarias de entre 52 e 77 anos promoven con Afundación unha tenda solidaria en Betanzos

Persoas voluntarias de entre 52 e 77 anos promoven con Afundación unha tenda solidaria en Betanzos

martes, 09 de decembro de 2025
Mayores

Cada tarde de martes, 12 persoas voluntarias de Betanzos comparten coñecementos e aprendizaxes no programa «O valor da experiencia», que se desenvolve no Espazo +60 de Afundación na localidade brigantina. A monitora Pilar Lamas, que traballa con carácter voluntario, ensínalles a crear obxectos ou bonecos con la a partir da técnica oriental do amigurumi. E no mes de decembro promoven unha tenda solidaria na que venden o que producen durante todo o ano. Neste 2025, a tenda solidaria estará aberta dende mañá mércores día 10, e ata o venres día 12. Será fronte ao propio Espazo +60, na praza dos Irmáns García Naveira e en horario de mañá e de tarde: de 10 a 13.00 h e de 17 a 19.30 h. A recadación íntegra doaráselle á agrupación da Cruz Vermella en Betanzos.

Quen se achegue ao mercado solidario poderá atopar obxectos coma bonecos, chaveiros ou carteiras tecidos coma amigurumis. A técnica do amigurumi procede de Xapón e parte do croché e do ganchillo. Da man da monitora voluntaria Pilar Lamas, as persoas que participan nesta actividade de Afundación en Betanzos fan artesanalmente durante todo a ano amigurumis tanto en forma de proxectos individuais coma colectivos.

 

Persoas maiores activas

O obradoiros e o mercado forman parte do programa «O valor da experiencia» da Obra Social de ABANCA, que ten como obxectivo ofrecer novas oportunidades de participación para aproveitar o talento e a experiencia persoal e profesional das persoas maiores ao servizo da sociedade en diferentes ámbitos. As persoas socias dos espazos +60 de Afundación poden participar en actividades de voluntariado interxeracional, cultural e educativo, voluntariado social e comunitario e voluntariado ambiental.

150 persoas voluntarias promoven, con Afundación, un total de 5 mercados solidarios en toda Galicia neste mes de nadal nas localidades de Ourense, Betanzos, Pontevedra, Ferrol e Viveiro. En cada unha das tendas venden os produtos que producen artesanalmente todo o ano nos obradoiros da Obra Social de ABANCA. 

 

 

 

 

 

 

 

 

Hai un vídeo de edicións anteriores desta iniciativa en Betanzos en Afundacion.TV

Imaxe das voluntarias da Obra Social de ABANCA en Betanzos nesta ligazón

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078