• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • IESIDE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite [email protected]
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias «Pedalear e conversar», un programa de Afundación de acompañamento a maiores e voluntariado ao aire libre
Sala de prensa
«Pedalear e conversar», un programa de Afundación de acompañamento a maiores e voluntariado ao aire libre

«Pedalear e conversar», un programa de Afundación de acompañamento a maiores e voluntariado ao aire libre

martes, 26 de abril de 2022
Envejecimiento activo

26.04.2022. Afundación, a Obra Social de ABANCA, pon en marcha a partir de hoxe en Pontevedra un novo programa, dinamizado desde a súa área de Maiores, denominado «Pedalear e conversar», que se enmarca no movemento internacional «En bici sen idade», iniciado en Dinamarca e que xa se consolidou en numerosas cidades de todo o mundo, incluíndo Donosti, Madrid, Alacante, Albacete, Zaragoza, Barcelona e, máis recentemente, A Coruña e Vigo, en España.

Á presentación de hoxe ante os medios de comunicación asistiron Sabela Couceiro, coordinadora da Área de Maiores de Afundación; Berna Lindín, coordinadora do Espazo +60 Afundación de Pontevedra; Marcos Rey, concelleiro de Benestar Social e Animal do Concello de Pontevedra; e Daniel Macenlle Díaz, director xeral de Protección Cidadá do Concello de Pontevedra. Como usuarias deste programa estiveron as socias do Espazo +60 Afundación Pontevedra, Dolores Cendón Tomé e Guadalupe del Río Farto, e as persoas residentes en Saraiva, Joaquín Saborido e Tonita Montoya.

As imaxes están dispoñibles aquí:

https://drive.google.com/drive/folders/1MSc2-7II-eEzyxO4BD8mm2kVMQUJnCiz?usp=sharing

 

As rutas establecidas para este programa en Pontevedra parten da residencia de Saraiva, na rúa Don Gonzalo, na zona histórica, e os percorridos de dúas delas pasan polo centro histórico de Pontevedra e a contorna da praza de España, nun caso, e ata a rúa Benito Corbal, no outro; outras tres baixarán ata o paseo do río Lérez con tres destinos en función da ruta: ata a Illa das Esculturas, as marismas de Alba, ou a Avenida de Marín. Percorrerán entre 2 e 8 km dependendo da ruta elixida. Unha descrición no plano destes trazados pódese visualizar aquí:

https://docs.google.com/document/d/1yE_JxrKxwuQmfB7kSMa0xYycMzqLsEPH4MHLrJtzPi4/edit

 

A raíz dunha experiencia persoal en Copenhague en 2013, Ole Kassow decatouse, ao pasar por diante dun centro de persoas maiores, de que o uso da bicicleta podería serlle imposible, chegada unha idade. Así, Kassow resolveuse a defender o dereito «de sentir o vento na cara» sen importar as limitacións de idade. Con esta premisa, xurdiu un movemento que xa se encontra activo en máis de 50 países.

Afundación, unha entidade socialmente comprometida co benestar, a saúde e a calidade de vida das persoas maiores e que asume o voluntariado como un principio transversal á súa actividade, presenta o seu programa piloto para as principais cidades galegas, aliñado coa proposta de Ole Kassow. Neste sentido, Afundación destaca que «Pedalear e conversar» é un proxecto que, en atención á misión da entidade, ofrece respostas a unha sociedade en constante evolución fomentando os valores, a visibilidade e participación dos maiores na sociedade, a sostibilidade, o voluntariado, a aprendizaxe ao longo da vida e o intercambio entre xeracións.

Con dous triciclos eléctricos especialmente adaptados e catro rutas trazadas, este programa é entendido pola Obra Social de ABANCA como unha nova maneira de sentir e reclamar a participación das persoas maiores nos espazos físicos da cidade, caracterizada pola sostibilidade e a xenerosidade, na que a creación de novas relacións entre voluntarios e persoas maiores constitúe unha das esencias. Trátase dun proxecto no que, ademais, se conseguen romper as barreiras interxeracionais para compartir historias entre, ata entón, persoas descoñecidas.

«Pedalear e conversar» conta coa participación de voluntarios de Afundación, tanto vinculados ao Espazo +60 como ao Colegio Hogar e UIE e estenderase a todas aquelas persoas con interese en participar, que teñen á súa disposición un formulario na web de Afundación para comunicar a súa dispoñibilidade. O día 21 de abril está prevista a primeira sesión formativa para as persoas voluntarias inscritas, cuxo máximo está agora mesmo fixado en 15. As persoas usuarias, pola súa banda, proceden das residencias viguesas de DomusVi Barreiro e Santa Marta de Alcabre, dous dos lugares, xunto á propia Sede Afundación Vigo, dos que parten as catro rutas inicialmente establecidas.

 

 

Toda a información da actividade de Afundación, na nosa SALA DE PRENSA.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • IESIDE
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078