Ataquilla estrea un deseño máis moderno e intuitivo cando está a punto de acadar o millón de entradas distribuídas por ano
Cada vez que alguén merca unha entrada en Ataquilla.com apoia un proxecto social. No 2023 aconteceu preto de 900.000 veces. O servizo desenvolto dende Galicia para facilitar a reserva e compra de billetes en liña é un caso único en España: todos os seus beneficios, obtidos pola actividades de comercialización de billetes para eventos, devólvenselle á sociedade a través de proxectos desenvoltos por Afundación. Cando está a piques de acadar un millón de entradas distribuídas cada ano, un fito que subliña o seu papel esencial na promoción cultural e social en Galicia, a plataforma tecnolóxica que permite a comercialización de entradas renóvase por completo. Con esta actualización, a plataforma non só mellor a súa aparencia, senón que tamén optimiza o seu rendemento e usabilidade, permitindo unha navegación máis fluída e unha maior capacidade de resposta aos picos de demanda.
Un proxecto desenvolto polo equipo da Obra Social de ABANCA acompañado por empresas tecnolóxicas e de marketing que serviu para incorporar as mellores tecnoloxías dispoñibles, incorporando funcións dirixidas a optimizar o servizo ao cliente, e avanzar en deseño, usabilidade e estabilidade.
O novo portal de Ataquilla.com tamén mellora a capacidade de venda simultánea de entradas. Os grandes eventos multitudinarios que cada vez máis decote se desenvolven en Galicia xeran altos picos de demanda de entradas. Ataquilla.com mellora na súa capacidade para diminuír o tempo de agarda das persoas que queren mercar os seus billetes.
Trinta sesións diarias en 2023
No último exercicio pechado, o de 2023, Ataquilla.com comercializou arredor de 2.000 eventos ou sesións de actividades escénicas e artísticas. Trátase de preto de 30 eventos por día o que a convierte, tal e como reza o seu novo lema, nunha «Fiestra á cultura» en Galicia.
De aí que un dos retos da mellora da plataforma fose o de optimizar a facilidade coa que cada persoa usuaria chegue facilmente ao contido que busca. Ou de aí, tamén, a incorporación ao sitio web de ferramentas de automatización que permiten ao sistema coñecer mellor a cada usuario ou usuaria. Ademais, a plataforma incorpora agora unha área de rexistro onde as persoas usuarias poden decidir recibir información sobre eventos do seu interese ou acceder a promocións comerciais.
Con esta renovación, Ataquilla.com non só mellor o seu servizo ao cliente, senón que tamén reforza o seu compromiso coa sociedade galega, mantendo o seu propósito de devolver á comunidade todo o que recibe.