
Comeza a montaxe da exposición internacional sobre as posibilidades da intelixencia artificial AI: More than Human
A Sede Afundación Obra Social de ABANCA na Coruña acolle xa a montaxe da exposición internacional AI: More than human, un ambicioso proxecto expositivo inmersivo e interactivo sobre intelixencia artificial creado polo Barbican Centre de Londres e coproducido polo Forum Groningen de Países Baixos. Máis de 20 persoas dos equipos de Barbican e Afundación traballarán ata a súa inauguración o próximo 5 de setembro nunha impoñente montaxe que ocupará todo o edificio.
A exposición é unha das grandes propostas da entidade de fronte ao final de ano, un proxecto internacional, innovador, multidisciplinar e orientado ao futuro, aliñado cos obxectivos da institución tal e como demostra a estrea do Grao de Enxeñería en Sistemas Intelixentes da UIE para o curso 2022-2023, totalmente en liña co que o futuro depara e con esta proposta expositiva.
Os elementos que conforman AI: More than human foron trasladados por mar desde o Guandong Science Center en China, onde estivo exposta anteriormente, en catro contedores que transportan 103 caixas de grandes dimensións. 19 toneladas de equipos e instalacións que configuran este proxecto que representa un estudo sen precedentes dos avances tanto creativos como científicos da intelixencia artificial, así como da evolución da relación entre os seres humanos e a tecnoloxía.
Previamente á súa chegada ao almacén central de ABANCA, en Pocomaco, os contedores trasladáronse a Malaisia, atravesando a Canle de Suez ata a súa chegada ao porto portugués de Sines, para arribar finalmente a Vigo. Unha complicada operación loxística coordinada por un operador chinés e a empresa galega Kaleido Ideas & Logistics.
A exposición, organizada na Coruña en colaboración con ILUX Visual Technologies, ofrece aos visitantes mediante instalacións artísticas inmersivas a oportunidade de interactuar coas pezas expostas para, desta maneira, experimentar as posibilidades da intelixencia artificial de primeira man.
As imaxes e vídeos do proceso de montaxe da exposición en Afundación A Coruña están dispoñibles AQUÍ
O PROXECTO AI: MORE THAN HUMAN
A mostra, que cativa tanto aos que teñen un background tecnolóxico como os que descoñecen este ámbito, realiza un percorrido completo a través da historia da Intelixencia Artificial, desde as súas ancestrais orixes ancoradas na relixión sintoísta xaponesa ou no mito xudeu do Golem, pasando polos primeiros experimentos informáticos de Ada Lovelace e Charles Babbage ou os importantes avances realizados durante a década de 1940 e ata a actualidade. Para iso, AI: More than human reúne algúns dos proxectos de investigación actuais máis destacados, realizados por institucións como o Massachussets Institute of Technology (MIT), Sony Computer Science Laboratories, Google Research, o Departamento de Informática de Imperial College de Londres ou DeepMind Technologies, con instalacións artísticas que exploran as posibilidades creativas da IA nas súas obras, como o músico Kode9, ou o galardoado artista tecnolóxico Yoichi Ochiai entre outros.
AI: More than human estará organizada en catro secciones, The Dream of AI, a historia das distintas civilizacións e a súa relación coa creación de vida artificial; Mind Machines, un percorrido histórico desde as primeiras máquinas calculadoras ata a actualidade; Data Worlds, na que se exporá a vertente ética da aplicación da IA; Endless Evolution, unha sección que explora o campo da vida artificial (A-life) e como aplicala á evolución humana.
Ademais, deseñouse un desenvolvemento exclusivo para a estancia da exposición na Coruña. Trátase dunha aplicación que combina a intelixencia artificial co big data, todo iso aplicado ao turismo, para facilitar a procura de recursos mediante imaxes.
Desta maneira abordarase o tema desde diferentes perspectivas, permitindo os visitantes interactuar directamente coa intelixencia artificial, pero tamén expoñendo cuestións éticas acerca da súa aplicación na vida real tales coma se a IA afectará á nosa privacidade ou á veracidade da información que consumimos, se mediante esta tecnoloxía amplificaremos os nosos rumbos e prexuízos ou quen será o responsable dos fallos que cometa.