• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Maxia, música de Nadal, teatro e os concertos de Rafa Sánchez, Carlos Núñez e Abraham Cupeiro, en Afundación
Sala de prensa
Maxia, música de Nadal, teatro e os concertos de Rafa Sánchez, Carlos Núñez e Abraham Cupeiro, en Afundación

Maxia, música de Nadal, teatro e os concertos de Rafa Sánchez, Carlos Núñez e Abraham Cupeiro, en Afundación

mércores, 26 de novembro de 2025
Cultura

Un total de 12 espectáculos distribuídos en 17 funcións. Esa é a proposta do Teatro Afundación para o mes de decembro. A Orquestra Clásica de Vigo despedirá a programación da Obra Social de ABANCA en Vigo neste 2025 co seu habitual Concerto de Nadal. Sobre o escenario do Teatro Afundación pasaranse tamén neste decembro Carlos Núñez e Abraham Cupeiro, cada un deles con dúas actuacións. Vén sucedendo hai anos. A quinta entrega da comedia teatral Esfínter, moi celebrada polo público, tamén regresa ao cartel como unha das propostas nos últimos días do ano. As entradas están á venda en Ataquilla.com. Para algúns espectáculos, apenas quedan butacas dispoñibles.

 

De «SuperArte» á música clásica e de Nadal

A programación de decembro arrinca o mércores día 3 ás 19 horas cun espectáculo musical e escénico moi especial. Trátase de SuperArte e está considerado o espectáculo inclusivo máis importante de Europa. Ten como obxectivo visibilizar o talento artístico de persoas con discapacidade e demostrar que a arte pode ser un motor de cambio social e unha ferramenta para a transformación e a integración. Máis de 80 artistas con e sen discapacidade participan nas xiras de SuperArte, repletas de espectáculo, música e danza.

As seguintes citas coa música serán os días 11, 12, 13 de decembro. O día 11 ás 20 horas, a Orquestra Sinfónica de Galicia dará o seu último concerto do ano en Vigo. Será, ademais, a última das sesións da Tempada de Abonos de Clásica neste 2025. Interpretarán a Sinfonía número 5 en si bemol maior de Anton Bruckner. Levará a batuta a directora finlandesa Eva Ollikainen. 

Os días 12 e 13 será tempo da Coral Casablanca. Primeiro, o día 12, ás 20:30 horas, os coros filiais da entidade viguesa darán o seu concerto de Nadal no «Memorial Lola Castro». Xa o 13, e tamén ás 20:30, será a propia Coral Casablanca a que brinde á cidade o seu tradicional concerto do Nadal, que neste 2025 alcanza a súa sesaxésima oitava edición.

 

Teatro e maxia

Co último mes do ano chega tamén a última das propostas do programa de Abonos de Teatro de Afundación en Vigo. O día 10 de decembro, ás 20:30 horas, as actrices Lola Herrera e Natalia Dicenta, acompañadas de Carlos Olalla, subiranse ao escenario do Teatro Afundación para interpretar Camino a la Meca, unha obra escrita polo dramaturgo surafricano Athol Fugard que expón unha profunda reflexión sobre o illamento, a loita interna e o conflito entre conformarse coas expectativas da sociedade ou seguir os propios soños e desexos.

A programación teatral do mes completarana o 27 de decembro, en dobre función, os actores David Amor, Rober Bodega e Javier Veiga con Esfínter 5. As funcións serán ás 18:30 horas e ás 21 horas.

A maxia e o ilusionismo chegan con dúas propostas en diferentes semanas do mes. E en ambos os casos, en dobre sesión, ás 18 horas e ás 20:30 horas.

O domingo 14 preséntase no Teatro Afundación o show de maxia, música e danza  Reinventio. No espectáculo, o público é convidado a mergullarse nun universo onírico no que a realidade se desdobra en aparicións e desaparicións imposibles e hai levitacións que desafían a gravidade ou actos de circo que cortan a respiración.

Xa o venres 26 de decembro, o teatro da Obra Social de ABANCA en Vigo acolle a novena edición do «Galicia Magic Fest». Participan os ilusionistas Stuart McDonald (EE.UU.), Juliana Cheng (Canadá-China), Mirko Callaci (Arxentina), Julius Frack (Alemaña) e o director do evento, o ilusionista pontevedrés Pedro Volta.

 

Un Nadal moi musical

O cantante Rafa Sánchez, coñecido pola súa longa traxectoria á fronte do grupo La Unión, chega ao Teatro Afundación o 19 de decembro para presentar o seu espectáculo Biografía. Sánchez fará un percorrido cronolóxico polas cancións máis icónicas da Unión.

Un día despois, será o compositor e instrumentista Abraham Cupeiro quen se suba ao escenario. Presenta Loira, o seu  novo álbum. Farao en tripla sesión os días 20 e 21 de decembro. Abraham Cupeiro participa desde hai anos na programación do Teatro Afundación. E tamén o fai Carlos Núñez. Nas noites previas á de Noiteboa, os días 22 e 23, o músico vigués comparecerá diante do Teatro Afundación público para propoñer un concerto emotivo e sorprendente.

A Orquestra Clásica de Vigo será a encargada de despedir o ano o 30 de decembro. No «Concerto Extraordinario de Nadal» da formación musical viguesa, que estará acompañada pola pianista Aida Saco Beiroa, interpretarán o Concerto para piano en sol maior, M.83, de M. Ravel. Completa o programan un clásico occidental do Nadal: a Suite do Crebanoces, de Chaikovsky. Cando soen os seus últimos compases, terminará tamén a programación do Teatro Afundación en 2025.

 

«Cultura por alimentos»

Moitos dos eventos que se programan no Teatro Afundación forman parte do programa solidario «Cultura por alimentos», desenvolto pola Obra Social de ABANCA en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). As persoas que asisten aos espectáculos poden colaborar depositando alimentos non perecedoiros nos contedores dispostos para tal fin. As doazóns serán distribuídas por FESBAL entre familias en risco de exclusión de Vigo e a súa área de influencia.

 

Hai imaxes dalgúns dos espectáculos nesta ligazón

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078