• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Tenda
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • IESIDE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
      • Historias vividas
      • Falamos da escola
      • Fálame da emigración
      • Manifiesto por la solidaridad intergeneracional
      • Voluntariado
    • Programas Espazos+60
      • Cultura dixital
      • Benestar físico e mental
      • Entrenamento cognitivo
      • Educación emocional
      • Aprendizaxe permanente
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Imaxe social
      • 60+ COUNTS. Día Internacional das Persoas Maiores
      • Día Europeo da Solidariedade Interxeracional
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • Voluntariado
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Os artistas da exposición «Cromática» celebran o Día da Ilustración en Afundación TV
Sala de prensa
Os artistas da exposición «Cromática» celebran o Día da Ilustración en Afundación TV

Os artistas da exposición «Cromática» celebran o Día da Ilustración en Afundación TV

xoves, 28 de xaneiro de 2021
Cultura

28.01.2021. Oito das creadoras e creadores que forman parte do proxecto «Cromática. III Mostra de Ilustración contemporánea» presentarán este sábado en Afundación TV unha serie de pezas audiovisuais para conmemorar o Día da Ilustración, que se celebra cada 30 de xaneiro coincidindo co aniversario do nacemento de Castelao co obxectivo de poñer en valor o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural.

Deste xeito, e debido ás condicións de seguridade sanitaria vixente, nesta edición os artistas, en lugar de realizar un encontro co público como en anos anteriores, gravaron de forma individual distintas pezas audiovisuais nas que explican as creacións que están expostas en Cromática». Agostiña Shuan, Abi Castelo, Óscar Raña, Tayone, Coco Escribano, Tina Siuda e Alberto Vázquez relatan brevemente o proceso creativo, a técnica empregada ou quen son os seus referentes, a través desta serie de audiovisuais que se elaboraron froito da colaboración da Deputación da Coruña coa exposición.

En 2021, esta conmemoración está dedicada por vez primeira a unha muller, Lolita Díaz Baliño, e esta III edición da MiiC articulouse tamén cunha destacada presenza feminina, co obxectivo de visibilizar o traballo das ilustradoras actuais.

Coincidindo con esta celebración, Afundación TV emitirá ademais o documental Sacrificio e ascensión. A exposición de David Rubín. Esta crónica audiovisual, dispoñible agora con subtítulos en galego, español e inglés, analiza a traxectoria do creador ourensán percorrendo con el a mostra que Afundación previra clausurar este domingo na súa sala de exposicións de Ourense, onde non pode visitarse debido ás actuais restricións sanitarias, pero si está dispoñible de forma virtual aquí.

 

Pola súa banda, a «Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC). Cromática», tamén pechada ao público polo actual contexto, reabrirase se as condicións permíteno desde o 17 ao 27 de febreiro. Igualmente está dispoñible de forma virtual aquí.

 

A MOSTRA «CROMÁTICA»

A exposición, comisariada pola especialista en ilustración Matilde Rodríguez, recolle o traballo de 19 artistas recoñecidos nacional e internacionalmente tan relevantes como Agathe Storlet —máis de 700.000 seguidores en Instagram—, Coco Davez —incluída en 2019 na lista Under 30 de artistas máis influentes menores de 30 anos da revista internacional Forbes— ou Conrad Roset —creador do multipremiado videoxogo español GRIS—. No contexto galego, algúns dos creadores cuxo traballo se pode contemplar nesta mostra son David Méndez Alonso, quen, ademais de contar coa súa propia marca, colabora con grandes marcas e compañías de todo o mundo; ou Abi Castelo, unha das artistas máis aplaudidas do momento e elixida por Inditex para ser parte de « Women in Art».

 

«SACRIFICIO E ASCENSIÓN»

«Sacrificio e ascensión. 15 anos de cómic de David Rubín» percorre de maneira antolóxica as diferentes etapas, influencias e series desta gran figura da ilustración, partindo dos seus primeiros traballos en Galicia para acabar cos últimos no mercado americano. David Rubín (Ourense, 1977) é un dos historietistas españois máis recoñecidos nos últimos anos. É cofundador do colectivo Polaqia, formado por historietistas de Galicia e en 2020 foi candidato a catro premios Eisner en catro categorías diferentes. Desde uns duros comezos en que o cómic era unha paixón, máis que un traballo, ata o momento actual, en que deveu nun dos historietistas máis solicitados do panorama internacional, esta é a exposición máis extensa realizada sobre este autor, con máis de 230 obras, en que se reflicten todos os seus fitos creativos. Ademais de plasmar a súa evolución como artista, na exposición figuran moitos dos seus debuxos animados en realidade aumentada, podendo descubrir todo o proceso do seu traballo para achegarnos pouco máis a esta arte: bosquexos, entintados, colorado e deseños finais.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • IESIDE
    • Centros educativos
    • Área Educativa
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
    • Programas Espazos +60
    • Imaxe social
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • Voluntariado
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Tenda
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078